Bo día!
Como vai todo? Falta menos para as vacacións. Ánimo!!!
Mentres déixovos esta entrevista que lle fixo Daniel á súa nai, traballadora do 112. Moi interesante para saber máis da sanidade pública.
Moitas grazas a Daniel e á súa nai!!!
Ola, rapazada!
Como andades? Espero que vaia todo ben. Falta menos para vernos e tamén para o remate do curso.
Moito ánimo neste último mes e seguide coidándovos e mantendo as medidas de seguridade.
Desta volta propóñovos dúas actividades:
1ª Elaborada por Elena Veiga Rilo para repasar e aprender os verbos. Moi divertido este Suso Portela. A ver se conseguides o billete! (O alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas ten que facer, obrigatoriamente, un resumo nun documento de texto e enviarmo antes do día 29 ás 14.00 h) O resto do alumnado ten que enviarme o resultado da actividade e a súa opinión.
2ª A árbore da fotografía, unha proposta miña para repasar aquelas parellas que vos xeran confusión. (O alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas ten que facer ou copiar, se é o caso, o que pon en cada unha das palabras e enviarme un documento de texto e enviarmo antes do 29 ás 14.00 h). O resto do alumnado ten que comentarme o resultado e darme a súa opinión.
Bo día!
Que tal ides? Espero que sigades gardando as medidas de hixiene sen facerdes parvadas. Se facemos as cousas ben, voltaremos máis axiña.
Como sabes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero e aínda que, polas circunstancias actuais, foi adiada a data, nós seguímola mantendo.Vouvos deixar unhas cantas propostas para coñecerdes a súa figura e, a partir delas, tedes que elaborar vós a vosa. Pode ser un audio, un vídeo, un mural... ou calquera outra proposta que se vos ocorra orixinal con eses recursos que vós coñecedes. O prazo de entrega remata o próximo mércores 20 de maio.
1ª Seredes quen de chegar ao final do escape room?
2ª Seredes quen de completar o rosco do pasapalabra?
3ª Visionamento deste vídeo elaborado polo IES de Arzúa.
Agora xa sabedes algo máis de Ricardo Carvalho Calero. Espero a vosa proposta!
Ola!
Como vai todo? Xa queda menos para vernos de novo.
Imos repasar aqueles erros que cometemos habitualmente: Erros frecuentes.
Unha vez que fagades a actividade, copiade os erros no caderno.
Despois disto imos facer as actividades propostas eu aulasgalegas a partir da lectura de Bolboretas de Xabier P. Docampo. As actividades enviádelas nun documento de texto ao correo electrónico.
Aínda encerradas non deixan de chegarme boas propostas, aquí vai unha de Paula para gozar despois da lectura d´O raio veloz e Andrea e Adrián ensínonos como facer un agasallo, por exemplo, para o Día da Nai.
Bo día!
Desculpade porque na anterior entrada do repaso non puxen a ligazón do corpo humano.
Anotade os erros e engadide 10 palabras do corpo que non saian no exercicio, podedes escribilas no caderno ou nun documento de texto e mandarmas.
Ánimo!!!
Por fin, custou facelo pero aquí está! A próxima vez con rosco, prometido!!!
Se as adiviñades, mandádeme as respostas ao correo ou nos comentarios!
Ánimo e espero que vos guste!
Ola!
Déixovos este par de actividades de repaso para facerdes esta semana: verbo IR Unha vez que o fagades, copiades o verbo na libreta e comentádesme que vos pareceu a actividade.
O corpo humano. Unha vez que a teñades feita, comentádeme o que vos pareceu e os fallos que tivestes.
Ánimo!!!!
Bo día!
Como vai todo? Xa queda menos para nos volvermos ver. Ánimo!
Mentres tanto e como se aproxima o 23 de abril, Día do Libro, por que non o celebramos xuntas? Podedes facelo sós, en familia, en grupo, con voces... creatividade!!!
Non esquezades explicar por que o escollestes e a que libro pertence.
Boa tarde!
Aquí tedes a ficha para traballardes a curtametraxe Bienvendos. Primerio debedes facer as tarefas "Antes do visionado" e unha vez que mas mandedes, colgarei a curta para poder facer o resto.
Tedes de prazo até o mércores 29.
Ánimo!!!!
Boa tarde!
Como vai o día? Gustouvos o vídeo da clausura dos 21 días co galego e +? Que emoción, verdade? Eran tempos de risas compartidas pero volveremos en breve, xa veredes.
Mentres tanto temos que seguir traballando así que aló imos. Como non sei como están os ánimos polas casas, vouvos propoñer facer un cartel motivador cun debuxo que o acompañe. Aquí vos deixo a proposta e a partir dela tedes que facer o voso cartel "para inspirarse", "para motivarse", "para rir", "para...", o que queirades, sempre en positivo!
Unha vez que teñades co cartel co lema/palabra/frase... e o debuxo, mandádesmo ao correo e farei unha pequena montaxe con eles. Parécevos? Tedes de prazo até o domingo que vén, día 19.
Por certo, hoxe é o día da República, quen me conta por que?
Ola! Como foi esa Semana Santa tan diferente a outras? Espero que fose o mellor posible. Agora que volvemos á "normalidade" e que non temos noticias da Consellaría sobre o noso futuro, imos retomar o noso traballo.
Por iso vos vou deixar aquí unha lembranza doutros tempos alegres. Volveremos a vernos!
Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no
momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha
busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de
vacacións.
Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras
persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este
divertimento para ti.
Deixamos unha presentación
onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas
preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro.
Pensa en algo rico ou especial, que nos erga o ánimo.
Esta proposta é de Aulas Galegas da man de Naír García Abelleira.
Mentres que buscades podedes entoar esta canción de Guadi Galego:
Bo día!
Como vai todo? Gustouvos a quedada virtual? Outro día podemos intentalo outra vez.
Hoxe trátase de debuxar paso a paso con Leandro Lamas, tedes as fotos
ordenadas pasiño a pasiño. Antes de pintar o debuxo tes que poñer un
título ao libro (en galego!) e ao disco (en galego!). Despois coloréao e
fai unha pequena biografía de Leandro. A continuación, envíamo ao
correo.
Se preferides facer un audio coa biografía, perfecto! Para
o alumnado de obradoiro de comunicación oral é obrigatorio facer audio.
Espero ansiosa o resultado dos vosos traballos. Tedes até despois de Semana Santa. Chulada!!!