mércores, 28 de abril de 2021

Repasamos o xénero e o número

xénero e número , una ficha interactiva de silgsouto
liveworksheets.com

Repasamos vocabulario

Vocabulario tema 3, una ficha interactiva de PLP
liveworksheets.com

Repasamos os verbos

martes, 27 de abril de 2021

domingo, 25 de abril de 2021

Propóñoche un par de retos...

Vai á seguinte ligazón: game.educaplay.com e introduce o pin: 102565

Remataches? Como che foi? 

Pois agora volve entrar na ligazón e pon 310263

Despois cóntame o resultado!!

Ánimo!!!


domingo, 18 de abril de 2021

Certame literario

 


O Concello de Cambre convoca unha nova edición do Certame Literario Xoán Díaz.

Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: de 12 a 14 anos
Categoría B: de 15 a 18 anos
Categoría C: de 19 a 26 anos

Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades: Poesía, Narración breve e Microteatro.
- Modalidade de poesía: presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
- Modalidade de Microteatro: a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre.

Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección certamexoandiaz@cambre.org.
No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA.
Enviaranse tres arquivos PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante; no segundo arquivo irá o DNI e, finalmente, no terceiro, o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.

Premios:
Categoría A: 1º Premio: 173 € 2º Premio: 128 €
Categoría B: 1º Premio: 218 € 2º Premio: 150 €
Categoría C: 1º Premio: 300 € 2º Premio: 173 €

O prazo de entrega estará aberto ata o día 30 de abril de 2021.