Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

domingo, 23 de maio de 2021

Lectura continuada de Xela Arias

 O xoves 20 o alumnado do IES Afonso X fixo unha lectura continuada da obra de Xela Arias. Ao longo da mañá unhas 250 persoas pasaron pola biblioteca para achegarse á figura da autora. Mentres un grupo facía a lectura, outro grupo escollía versos da escritora e facíaos seus coa técnica que quixese (pintura, debuxo, colaxe...), ao final da  mañá colocamos os versos para crear un novo poema colaborativo, o noso "centón". Era a primeira vez que faciamos esta actividade e resultou un éxito pois tanto a lectura como o resultado do centón foi espectacular. 

Deixámosvos unha mostra:














Gud Talento. Festa das Letras

 O mércores 19 tivemos o Gud Talento. Festa das Letras. O alumnado de 4º C organizou, coa súa titora, Patricia Estraviz, este festival para o alumnado de 1º da ESO. Dende aquí queremos darlles os parabéns tanto ao grupo organizador como a todas as persoas participantes. Foron 18 probas e unhas 50 persoas participantes en total. Só pasaron á final 6, o xurado foi moi esixente! 

O fío condutor foi Xela Arias: vídeo-presentación, recitado de poemas..., fantástico!

As persoas gañadoras recibirán os seus premios, se pode ser, o venres 11 na charla concerto de Guadi Galego.

Parabéns!

Esperamos que nos pasen axiña o vídeo-resumo. De momento un aperitivo: 

 











mércores, 13 de maio de 2020

Tarefas do 13 ao 20 de maio (1º A, B e C)

Bo día!
Que tal ides? Espero que sigades gardando as medidas de hixiene sen facerdes parvadas. Se facemos as cousas ben, voltaremos máis axiña.
Como sabes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero e aínda que, polas circunstancias actuais, foi adiada a data, nós seguímola mantendo.Vouvos deixar unhas cantas propostas para coñecerdes a súa figura e, a partir delas, tedes que elaborar vós a vosa. Pode ser un audio, un vídeo, un mural... ou calquera outra proposta que se vos ocorra orixinal con eses recursos que vós coñecedes. O prazo de entrega remata o próximo mércores 20 de maio.
1ª Seredes quen de chegar ao final do escape room?

2ª Seredes quen de completar o rosco do pasapalabra?

3ª Visionamento deste vídeo elaborado polo IES de Arzúa.





Agora xa sabedes algo máis de Ricardo Carvalho Calero. Espero a vosa proposta!