A fiestra do Afonso
martes, 28 de xuño de 2022
FIN DE CURSO
mércores, 25 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS 2022
martes, 10 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
xoves, 5 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Como sabedes, este ano as Letras Galegas homenaxean a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Temos programadas varias actividades para festexar este día: exposición de fondos bibliográficos na biblioteca, a Árbore das letras, o Festival das Letras... e moitas máis cousas que vos iremos contando.
Para empezardes a coñecelo un pouco mellor, botade un ollo á exposición: "Florencio Delgado Gurriarán. Unha conexión atlántica", do Concello da Coruña, que podedes ver tamén no vestíbulo do centro.
Exposición de fondos Árbore das Letras
xoves, 28 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO
Este ano, para festexar o Día do libro, o alumnado de 1º e 2º da ESO realizou unha actividade inspirada en : Se eu fosse um livro de José Jorge Letria. A tarefa consistía en plasmar unha visión persoal da premisa da obra : e se eu fose un libro....?
Aquí tedes o resultado!
luns, 28 de marzo de 2022
ESOPÍAS
mércores, 9 de marzo de 2022
UN NOVO XOGO DE LINGUA: PENSATERMOS
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de sacar un novo xogo Pensatermos para fomentar o uso da nosa lingua e practicar o noso léxico.
Na súa páxina web explican o seu funcionamento, que é sinxelo:
"Pensatermos é un xogo lixeiro e gratuíto para entreterse a calquera hora do día e que consiste en formar palabras a través de sete letras, sendo unha delas de uso obrigatorio. As palabras deben ter como mínimo tres letras e non ser formas verbais conxugadas, nin termos en plural. A puntuación do xogo determínase polo número de letras utilizadas: 1 punto por palabras de tres letras, 2 puntos por palabras de 4 letras e a partir das cinco letras, tantos puntos como teña a palabra. Se se utilizan todas as letras, faise un pleno e obtéñense 18 puntos."