domingo, 23 de maio de 2021

Lectura continuada de Xela Arias

 O xoves 20 o alumnado do IES Afonso X fixo unha lectura continuada da obra de Xela Arias. Ao longo da mañá unhas 250 persoas pasaron pola biblioteca para achegarse á figura da autora. Mentres un grupo facía a lectura, outro grupo escollía versos da escritora e facíaos seus coa técnica que quixese (pintura, debuxo, colaxe...), ao final da  mañá colocamos os versos para crear un novo poema colaborativo, o noso "centón". Era a primeira vez que faciamos esta actividade e resultou un éxito pois tanto a lectura como o resultado do centón foi espectacular. 

Deixámosvos unha mostra:














Gud Talento. Festa das Letras

 O mércores 19 tivemos o Gud Talento. Festa das Letras. O alumnado de 4º C organizou, coa súa titora, Patricia Estraviz, este festival para o alumnado de 1º da ESO. Dende aquí queremos darlles os parabéns tanto ao grupo organizador como a todas as persoas participantes. Foron 18 probas e unhas 50 persoas participantes en total. Só pasaron á final 6, o xurado foi moi esixente! 

O fío condutor foi Xela Arias: vídeo-presentación, recitado de poemas..., fantástico!

As persoas gañadoras recibirán os seus premios, se pode ser, o venres 11 na charla concerto de Guadi Galego.

Parabéns!

Esperamos que nos pasen axiña o vídeo-resumo. De momento un aperitivo: