xoves, 30 de abril de 2020

Concurso Ouvea o Lobo

Por que non vos animades a participar? Déixovos aquí a ligazón con toda a información.
O prazo remata o 10 de maio, tedes tempo!!
Animádevos!

Ouvea o lobo.



Alumnado de Valores

Boa tarde!

Mañá é festivo e o luns non teriamos aulas porque fariamos ponte. Así que nos lemos o martes. Mentres tanto, déixovos a curtametraxe de Bienvenidos para que a vexades e fagades o resto de exercicios da ficha (os de despois de ver a curtametraxe). Tedes até o venres 15 de maio. Ánimo!





mércores, 29 de abril de 2020

Parabéns!!!

Bo día!

Aínda encerradas non deixan de chegarme boas propostas, aquí vai unha de Paula para gozar despois da lectura d´O raio veloz e Andrea e Adrián ensínonos como facer un agasallo, por exemplo, para o Día da Nai.


          


   
        
                                  

martes, 28 de abril de 2020

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Bo día!
Desculpade porque na anterior entrada do repaso non puxen a ligazón do corpo humano.
Anotade os erros e engadide 10 palabras do corpo que non saian no exercicio, podedes escribilas no caderno ou nun documento de texto e mandarmas.
Ánimo!!!

luns, 27 de abril de 2020

Pasagalego!

Por fin, custou facelo pero aquí está! A próxima vez con rosco, prometido!!!
Se as adiviñades, mandádeme as respostas ao correo ou nos comentarios!
Ánimo e espero que vos guste!

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola!
Déixovos este par de actividades de repaso para facerdes esta semana:
verbo IR Unha vez que o fagades, copiades o verbo na libreta e comentádesme que vos pareceu a actividade.
O corpo humano. Unha vez que a teñades feita, comentádeme o que vos pareceu e os fallos que tivestes.
Ánimo!!!!

Tarefa desta semana para o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola!
Como saberedes, este sábado foi 25 de abril, día da Revolução dos cravos en Portugal, símbolo da Liberdade.
Para saberdes máis déixovos esta ligazón.
Tedes que escoitar a narración de Elena e facerdes un resumo de, mínimo, 20 liñas. Hai dous cazapos na historia, se os localizades, enviádevos e terán premio para as persoas que os localicen (hai tres pero un é máis complicado, se aínda así o localizades, premio dobre).
Tamén podedes facer o caravel (cravo) e enviarme o vídeo (opcional).
Ánimo!!!!!

Lendo

Bo día!
Com vai todo? Queda moito menos para nos volver ver. Mentres tanto, déixovos uns anacos dalgunhas das lecturas que fixestes.


xoves, 23 de abril de 2020

mércores, 22 de abril de 2020

Olga Patiño Nogueira e Héctor Cajaraville

Boa tarde!
Como vai todo? Seguimos achegándonos ao 23 de abril e aquí vos deixo as miñas propostas. Espero que vos gusten. 
Ánimo, falta menos para que nos volvamos ver!                                                                
                                                                                                   

martes, 21 de abril de 2020

Lois Pereiro e Xosé A.Neira Cruz

A profa Elena tamén se decidiu a facer o reto do 23 de abril. A ver que vos parece?


                  



                                                     

luns, 20 de abril de 2020

Para nos motivar

Ola!

Como vai todo? Espero que ben pero por se os ánimos decaen, aí vos vai un pequeno vídeo coas frases motivadores que enviastes. Moita forza!!


O raio veloz

Bo día!

As profas tamén nos animamos a facer a tarefa da lectura para o 23 de abril.

Hoxe Carme lenos un fragmento de O raio veloz de Agustín Fernández Paz.

 



venres, 17 de abril de 2020

Para todo o alumnado.

Bo día!
Como vai todo? Xa queda menos para nos volvermos ver. Ánimo!
Mentres tanto e como se aproxima o 23 de abril, Día do Libro, por que non o celebramos xuntas? Podedes facelo sós, en familia, en grupo, con voces... creatividade!!!
Non esquezades explicar por que o escollestes e a que libro pertence.

Espero impaciente as vosas lecturas!






Aquí vai o meu agasallo de hoxe en vídeo!



xoves, 16 de abril de 2020

Alumnado de Valores

Boa tarde!
Aquí tedes a ficha para traballardes a curtametraxe Bienvendos. Primerio debedes facer as tarefas "Antes do visionado" e unha vez que mas mandedes, colgarei a curta para poder facer o resto.
Tedes de prazo até o mércores 29.
Ánimo!!!!


martes, 14 de abril de 2020

Palabras para inspirarse (para o alumnado de 1ºA, B e C)

Boa tarde!
Como vai o día?  Gustouvos o vídeo da clausura dos 21 días co galego e +? Que emoción, verdade? Eran tempos de risas compartidas pero volveremos en breve, xa veredes.
Mentres tanto temos que seguir traballando así que aló imos. Como non sei como están os ánimos polas casas, vouvos propoñer facer un cartel motivador cun debuxo que o acompañe. Aquí vos deixo a proposta e a partir dela tedes que facer o voso cartel "para inspirarse", "para motivarse", "para rir", "para...", o que queirades, sempre en positivo!
Unha vez que teñades co cartel co lema/palabra/frase... e o debuxo, mandádesmo ao correo e farei unha pequena montaxe con eles. Parécevos? Tedes de prazo até o domingo que vén, día 19.
Por certo, hoxe é o día da República, quen me conta por que?

Para vos inspirardes:



Bo día!

Ola! Como foi esa Semana Santa tan diferente a outras? Espero que fose o mellor posible. Agora que volvemos á "normalidade" e que non temos noticias da Consellaría sobre o noso futuro, imos retomar o noso traballo.
Por iso vos vou deixar aquí unha lembranza doutros tempos alegres. Volveremos a vernos!

Grazas, Maite!

Ánimo!

venres, 3 de abril de 2020

Os ovos máxicos

Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.
Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti.
Deixamos unha presentación onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro. Pensa en algo rico ou especial, que nos erga o ánimo.
Esta proposta é de Aulas Galegas da man de Naír García Abelleira.

Mentres que buscades podedes entoar esta canción de Guadi Galego:


xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Animádevos a escoitar a Antonio García Teijeiro que estivo no noso centro co seu libro Poemar o mar, ademais é o último premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil.



A continuación, podedes participar no concuso Un poema na túa voz, esta vez en familia. Espero escoitarvos!

Para todo o meu alumnado

Bo día!
Como vai todo? Gustouvos a quedada virtual? Outro día podemos intentalo outra vez.
Hoxe trátase de debuxar paso a paso con Leandro Lamas, tedes as fotos ordenadas pasiño a pasiño. Antes de pintar o debuxo tes que poñer un título ao libro (en galego!) e ao disco (en galego!). Despois coloréao e fai unha pequena biografía de Leandro. A continuación, envíamo ao correo.
Se preferides facer un audio coa biografía, perfecto! Para o alumnado de obradoiro de comunicación oral é obrigatorio facer audio.

Espero ansiosa o resultado dos vosos traballos. Tedes até despois de Semana Santa. Chulada!!!