martes, 14 de abril de 2020

Palabras para inspirarse (para o alumnado de 1ºA, B e C)

Boa tarde!
Como vai o día?  Gustouvos o vídeo da clausura dos 21 días co galego e +? Que emoción, verdade? Eran tempos de risas compartidas pero volveremos en breve, xa veredes.
Mentres tanto temos que seguir traballando así que aló imos. Como non sei como están os ánimos polas casas, vouvos propoñer facer un cartel motivador cun debuxo que o acompañe. Aquí vos deixo a proposta e a partir dela tedes que facer o voso cartel "para inspirarse", "para motivarse", "para rir", "para...", o que queirades, sempre en positivo!
Unha vez que teñades co cartel co lema/palabra/frase... e o debuxo, mandádesmo ao correo e farei unha pequena montaxe con eles. Parécevos? Tedes de prazo até o domingo que vén, día 19.
Por certo, hoxe é o día da República, quen me conta por que?

Para vos inspirardes:



4 comentarios:

  1. O día da républica celébrase o 14 de abril porque foi o día no que se fundou a segunda república en España.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O día da República celébrase o 14 de Abril en recordo do mesmo día do ano 1931, día no que se instaurou a 2ª República Española, dando por finalizada a monarquía de Afonso XIII.

      Eliminar