Amosando publicacións coa etiqueta EN FAMILIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EN FAMILIA. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

Entrevista

Bo día!
Como vai todo? Falta menos para as vacacións. Ánimo!!!
Mentres déixovos esta entrevista que lle fixo Daniel á súa nai, traballadora do 112. Moi interesante para saber máis da sanidade pública.
Moitas grazas a Daniel e á súa nai!!!



mércores, 29 de abril de 2020

Parabéns!!!

Bo día!

Aínda encerradas non deixan de chegarme boas propostas, aquí vai unha de Paula para gozar despois da lectura d´O raio veloz e Andrea e Adrián ensínonos como facer un agasallo, por exemplo, para o Día da Nai.


          


   
        
                                  

martes, 28 de abril de 2020

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Bo día!
Desculpade porque na anterior entrada do repaso non puxen a ligazón do corpo humano.
Anotade os erros e engadide 10 palabras do corpo que non saian no exercicio, podedes escribilas no caderno ou nun documento de texto e mandarmas.
Ánimo!!!

luns, 27 de abril de 2020

Pasagalego!

Por fin, custou facelo pero aquí está! A próxima vez con rosco, prometido!!!
Se as adiviñades, mandádeme as respostas ao correo ou nos comentarios!
Ánimo e espero que vos guste!

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola!
Déixovos este par de actividades de repaso para facerdes esta semana:
verbo IR Unha vez que o fagades, copiades o verbo na libreta e comentádesme que vos pareceu a actividade.
O corpo humano. Unha vez que a teñades feita, comentádeme o que vos pareceu e os fallos que tivestes.
Ánimo!!!!

Tarefa desta semana para o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola!
Como saberedes, este sábado foi 25 de abril, día da Revolução dos cravos en Portugal, símbolo da Liberdade.
Para saberdes máis déixovos esta ligazón.
Tedes que escoitar a narración de Elena e facerdes un resumo de, mínimo, 20 liñas. Hai dous cazapos na historia, se os localizades, enviádevos e terán premio para as persoas que os localicen (hai tres pero un é máis complicado, se aínda así o localizades, premio dobre).
Tamén podedes facer o caravel (cravo) e enviarme o vídeo (opcional).
Ánimo!!!!!

mércores, 22 de abril de 2020

Olga Patiño Nogueira e Héctor Cajaraville

Boa tarde!
Como vai todo? Seguimos achegándonos ao 23 de abril e aquí vos deixo as miñas propostas. Espero que vos gusten. 
Ánimo, falta menos para que nos volvamos ver!                                                                
                                                                                                   

venres, 17 de abril de 2020

Para todo o alumnado.

Bo día!
Como vai todo? Xa queda menos para nos volvermos ver. Ánimo!
Mentres tanto e como se aproxima o 23 de abril, Día do Libro, por que non o celebramos xuntas? Podedes facelo sós, en familia, en grupo, con voces... creatividade!!!
Non esquezades explicar por que o escollestes e a que libro pertence.

Espero impaciente as vosas lecturas!






Aquí vai o meu agasallo de hoxe en vídeo!



venres, 3 de abril de 2020

Os ovos máxicos

Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.
Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti.
Deixamos unha presentación onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro. Pensa en algo rico ou especial, que nos erga o ánimo.
Esta proposta é de Aulas Galegas da man de Naír García Abelleira.

Mentres que buscades podedes entoar esta canción de Guadi Galego:


xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Animádevos a escoitar a Antonio García Teijeiro que estivo no noso centro co seu libro Poemar o mar, ademais é o último premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil.



A continuación, podedes participar no concuso Un poema na túa voz, esta vez en familia. Espero escoitarvos!

Para todo o meu alumnado

Bo día!
Como vai todo? Gustouvos a quedada virtual? Outro día podemos intentalo outra vez.
Hoxe trátase de debuxar paso a paso con Leandro Lamas, tedes as fotos ordenadas pasiño a pasiño. Antes de pintar o debuxo tes que poñer un título ao libro (en galego!) e ao disco (en galego!). Despois coloréao e fai unha pequena biografía de Leandro. A continuación, envíamo ao correo.
Se preferides facer un audio coa biografía, perfecto! Para o alumnado de obradoiro de comunicación oral é obrigatorio facer audio.

Espero ansiosa o resultado dos vosos traballos. Tedes até despois de Semana Santa. Chulada!!!
















martes, 31 de marzo de 2020

Amor

Bo día!
Hoxe trátase de escoitar. Aí vos vai un vídeo caseiro, a ver se vos gusta.

Podedes comentar na publicación o que queirades, vai para todas e todos vós.

Apertas!

venres, 27 de marzo de 2020

Día Mundial do Teatro

Bo día!
Como ides? Espero que todo vaia ben as propostas que vos fago vos resulten interesantes.
Hoxe é o Día Mundial do Teatro e desta volta toca investigar un pouquiño sobre os seguintes grupos teatrais:
- Chévere.
- Tanxarina.
- Sarabela Teatro.
(Quen forma a compañía, desde cando, algunha obra que representasen, algo que vos resulte interesante...)
E tamén podedes nomear dúas ou tres compañías máis.
Facédeo no caderno. Podedes buscar información: escenagalega.gal, erregueté...
E se vos apetece, podedes dramatizar algún fragmento dalgunha lectura que teñades pola casa e que vos guste (se participan as persoas da casa moito mellor).
Déixovos Sons Miúdos que mestura música e teatro, a ver que vos parece?
Boa fin de semana!

xoves, 26 de marzo de 2020

Lecturas

Boa tarde!
Como vai todo? Por se queredes aproveitar para ler, aquí podes coller os libros de lectura. Funciona como unha biblioteca normal só que virtualmente.
Galiciale
E nesta ligazón tedes outras posibles lecturas en galego.
Ánimo!!!
Mar

Déixovos aquí o vídeo de presentación do proxecto aulasgalegas.org

martes, 24 de marzo de 2020

Determínate!

Boa tarde!
Como vai ese encerro? Andades moi agobiadas de traballo? Se queredes, podes contarme como o levades ou facer un diario e comentámola á volta. É unha proposta!!!
Mentres vouvos deixar este xogo para que vaiades practicando e aprendendo algúns determinantes (non os vimos todos pero eu sei que sabedes moito máis do que vos parece!!) Quen se anima á aventura???
Determínate.

Mentres déixovos esta canción de Magín Blanco García, está gravada co móbil pero hai que facerlle caso!!! #nósquedamosnacasa

luns, 23 de marzo de 2020

Para todo o meu alumnado

Bo día!
Como ides? Levamos xa máis dunha semana e descontando, moito ánimo, entre todas conseguirémolo. #euquedonacasa

Hoxe vouvos propoñer outro reto, a ver quen se anima a dicir este trabalinguas, gravarse e mandarmo ao correo. Animádesvos?!!!
Eu si
;)

sábado, 21 de marzo de 2020

Día da poesía (paraa todo o meu alumnado de 1º e de 2º de ESO)

Ola!
Hoxe é o Día Mundial da Poesía e por iso vos vou propoñer este reto de aulasgalegas.org

Como seguro que non mirades as tarefas até o luns, esta é a tarefa do luns e do martes. As solucións enviádelas ao correo.

E como non podía ser menos aquí vos vai un poema de Celso Emilio musicado pola Banda da Loba, titúlase "Abrente".


  

venres, 20 de marzo de 2020

2º vídeo da muiñeira. Bailamos?

Como che foi o primeiro día da muiñeira? Aquí van os seguintes pasos. Anímate e se queres mandarme un vídeo co resultado, aquí o espero!!!
#euquedonacasaperononparo




 

xoves, 19 de marzo de 2020

Para todo o alumnado

Ola!
Sei que hoxe estamos de ponte e até o luns non nos veriamos pero tamén sei que o encerro cansa e aburre moito, a que si? Ben pois imos facer prácticas toda a familia, aquí vos vai o primeiro titorial para aprender a muiñeira. Esta é a tarefa destes días. Se vos animades a enviar vídeos dos progresos, comprométome a poñelos aquí para nos ver todas. Veña!!!
Antonio Prado, ensínanos!!


mércores, 18 de marzo de 2020

Para todo o alumnado de 1º

Bo día!
Como vai todo? Pois a tarefa que tedes que facer é vivir esta aventura e cumprir a misión. Atrevédesvos?

Comeza a aventura!


Déixovos esta canción para que a partilledes coa familia: