venres, 17 de abril de 2020

Para todo o alumnado.

Bo día!
Como vai todo? Xa queda menos para nos volvermos ver. Ánimo!
Mentres tanto e como se aproxima o 23 de abril, Día do Libro, por que non o celebramos xuntas? Podedes facelo sós, en familia, en grupo, con voces... creatividade!!!
Non esquezades explicar por que o escollestes e a que libro pertence.

Espero impaciente as vosas lecturas!






Aquí vai o meu agasallo de hoxe en vídeo!



xoves, 16 de abril de 2020

Alumnado de Valores

Boa tarde!
Aquí tedes a ficha para traballardes a curtametraxe Bienvendos. Primerio debedes facer as tarefas "Antes do visionado" e unha vez que mas mandedes, colgarei a curta para poder facer o resto.
Tedes de prazo até o mércores 29.
Ánimo!!!!


martes, 14 de abril de 2020

Palabras para inspirarse (para o alumnado de 1ºA, B e C)

Boa tarde!
Como vai o día?  Gustouvos o vídeo da clausura dos 21 días co galego e +? Que emoción, verdade? Eran tempos de risas compartidas pero volveremos en breve, xa veredes.
Mentres tanto temos que seguir traballando así que aló imos. Como non sei como están os ánimos polas casas, vouvos propoñer facer un cartel motivador cun debuxo que o acompañe. Aquí vos deixo a proposta e a partir dela tedes que facer o voso cartel "para inspirarse", "para motivarse", "para rir", "para...", o que queirades, sempre en positivo!
Unha vez que teñades co cartel co lema/palabra/frase... e o debuxo, mandádesmo ao correo e farei unha pequena montaxe con eles. Parécevos? Tedes de prazo até o domingo que vén, día 19.
Por certo, hoxe é o día da República, quen me conta por que?

Para vos inspirardes:



Bo día!

Ola! Como foi esa Semana Santa tan diferente a outras? Espero que fose o mellor posible. Agora que volvemos á "normalidade" e que non temos noticias da Consellaría sobre o noso futuro, imos retomar o noso traballo.
Por iso vos vou deixar aquí unha lembranza doutros tempos alegres. Volveremos a vernos!

Grazas, Maite!

Ánimo!

venres, 3 de abril de 2020

Os ovos máxicos

Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.
Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti.
Deixamos unha presentación onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro. Pensa en algo rico ou especial, que nos erga o ánimo.
Esta proposta é de Aulas Galegas da man de Naír García Abelleira.

Mentres que buscades podedes entoar esta canción de Guadi Galego:


xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Animádevos a escoitar a Antonio García Teijeiro que estivo no noso centro co seu libro Poemar o mar, ademais é o último premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil.



A continuación, podedes participar no concuso Un poema na túa voz, esta vez en familia. Espero escoitarvos!

Para todo o meu alumnado

Bo día!
Como vai todo? Gustouvos a quedada virtual? Outro día podemos intentalo outra vez.
Hoxe trátase de debuxar paso a paso con Leandro Lamas, tedes as fotos ordenadas pasiño a pasiño. Antes de pintar o debuxo tes que poñer un título ao libro (en galego!) e ao disco (en galego!). Despois coloréao e fai unha pequena biografía de Leandro. A continuación, envíamo ao correo.
Se preferides facer un audio coa biografía, perfecto! Para o alumnado de obradoiro de comunicación oral é obrigatorio facer audio.

Espero ansiosa o resultado dos vosos traballos. Tedes até despois de Semana Santa. Chulada!!!