Amosando publicacións coa etiqueta en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta en galego. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Radio Baliña

Bo día!
Sigo poñendo traballos que me fostes enviando. Nesta ocasión tócalle a Radio Baliña.

 Gozádea!

xoves, 11 de xuño de 2020

Entrevista

Bo día!
Como vai todo? Falta menos para as vacacións. Ánimo!!!
Mentres déixovos esta entrevista que lle fixo Daniel á súa nai, traballadora do 112. Moi interesante para saber máis da sanidade pública.
Moitas grazas a Daniel e á súa nai!!!



luns, 8 de xuño de 2020

Exposición dalgunhas tarefas

Ola!
Como vai todo? Veña, un último empuxón e rematamos este curso tan raro! Como non vai haber ocasión de vernos para expoñer as tarefas e falarmos delas, vou ir colgando aquí algunhas das vosas propostas.
Espero que vos gusten as escollas.


mércores, 29 de abril de 2020

Parabéns!!!

Bo día!

Aínda encerradas non deixan de chegarme boas propostas, aquí vai unha de Paula para gozar despois da lectura d´O raio veloz e Andrea e Adrián ensínonos como facer un agasallo, por exemplo, para o Día da Nai.


          


   
        
                                  

martes, 28 de abril de 2020

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Bo día!
Desculpade porque na anterior entrada do repaso non puxen a ligazón do corpo humano.
Anotade os erros e engadide 10 palabras do corpo que non saian no exercicio, podedes escribilas no caderno ou nun documento de texto e mandarmas.
Ánimo!!!

luns, 27 de abril de 2020

Pasagalego!

Por fin, custou facelo pero aquí está! A próxima vez con rosco, prometido!!!
Se as adiviñades, mandádeme as respostas ao correo ou nos comentarios!
Ánimo e espero que vos guste!

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola!
Déixovos este par de actividades de repaso para facerdes esta semana:
verbo IR Unha vez que o fagades, copiades o verbo na libreta e comentádesme que vos pareceu a actividade.
O corpo humano. Unha vez que a teñades feita, comentádeme o que vos pareceu e os fallos que tivestes.
Ánimo!!!!

mércores, 22 de abril de 2020

Olga Patiño Nogueira e Héctor Cajaraville

Boa tarde!
Como vai todo? Seguimos achegándonos ao 23 de abril e aquí vos deixo as miñas propostas. Espero que vos gusten. 
Ánimo, falta menos para que nos volvamos ver!                                                                
                                                                                                   

martes, 21 de abril de 2020

Lois Pereiro e Xosé A.Neira Cruz

A profa Elena tamén se decidiu a facer o reto do 23 de abril. A ver que vos parece?


                  



                                                     

luns, 20 de abril de 2020

O raio veloz

Bo día!

As profas tamén nos animamos a facer a tarefa da lectura para o 23 de abril.

Hoxe Carme lenos un fragmento de O raio veloz de Agustín Fernández Paz.

 



martes, 14 de abril de 2020

Palabras para inspirarse (para o alumnado de 1ºA, B e C)

Boa tarde!
Como vai o día?  Gustouvos o vídeo da clausura dos 21 días co galego e +? Que emoción, verdade? Eran tempos de risas compartidas pero volveremos en breve, xa veredes.
Mentres tanto temos que seguir traballando así que aló imos. Como non sei como están os ánimos polas casas, vouvos propoñer facer un cartel motivador cun debuxo que o acompañe. Aquí vos deixo a proposta e a partir dela tedes que facer o voso cartel "para inspirarse", "para motivarse", "para rir", "para...", o que queirades, sempre en positivo!
Unha vez que teñades co cartel co lema/palabra/frase... e o debuxo, mandádesmo ao correo e farei unha pequena montaxe con eles. Parécevos? Tedes de prazo até o domingo que vén, día 19.
Por certo, hoxe é o día da República, quen me conta por que?

Para vos inspirardes:



Bo día!

Ola! Como foi esa Semana Santa tan diferente a outras? Espero que fose o mellor posible. Agora que volvemos á "normalidade" e que non temos noticias da Consellaría sobre o noso futuro, imos retomar o noso traballo.
Por iso vos vou deixar aquí unha lembranza doutros tempos alegres. Volveremos a vernos!

Grazas, Maite!

Ánimo!

venres, 3 de abril de 2020

Os ovos máxicos

Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.
Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti.
Deixamos unha presentación onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro. Pensa en algo rico ou especial, que nos erga o ánimo.
Esta proposta é de Aulas Galegas da man de Naír García Abelleira.

Mentres que buscades podedes entoar esta canción de Guadi Galego:


xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Animádevos a escoitar a Antonio García Teijeiro que estivo no noso centro co seu libro Poemar o mar, ademais é o último premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil.



A continuación, podedes participar no concuso Un poema na túa voz, esta vez en familia. Espero escoitarvos!