Como sabedes, desde Dinamización propúxose a actividade "Quérote en galego", onde tiñades que redactar unha carta para expresarlle os vosos sentimentos ás vosas amizades, familia, mascotas... a quen vós quixerdes.
Coas vosas achegas, formamos o mural que podedes ver estes días na entrada do instituto. Quedou realmente ben!
O xoves 20 o alumnado do IES Afonso X fixo unha lectura continuada da obra de Xela Arias. Ao longo da mañá unhas 250 persoas pasaron pola biblioteca para achegarse á figura da autora. Mentres un grupo facía a lectura, outro grupo escollía versos da escritora e facíaos seus coa técnica que quixese (pintura, debuxo, colaxe...), ao final da mañá colocamos os versos para crear un novo poema colaborativo, o noso "centón". Era a primeira vez que faciamos esta actividade e resultou un éxito pois tanto a lectura como o resultado do centón foi espectacular.
Bo día!
Rematou este curso que gardaremos na memoria para ben e para mal como un curso diferente.
Parabéns polo voso traballo, estou moi orgullosa de ter o alumnado que teño. Fixestes traballos marabillosos e ensinástesme a ser mellor profa (espero telo conseguido!).
Agora aproveitade o verán todo o que poidades, lede, soñade e non deixedes de rir (aínda que sexa debaixo da máscara).
Seguide as recomendacións sanitarias para que todo poida volver a ser "normal" (aínda que a normalidade moitas veces non nos guste). Espero que aprendésemos a ser un pouco mellores e máis agradecidas ao que temos e tamén que saibamos valorar o realmente importante.
Vémonos nas aulas!!!
Ola!
Como vai todo? Como hai xente que a estas alturas non se puxo en contacto comigo nin me mandou ningunha tarefa, vou explicar como son as cualificacións.
Por certo, o alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas en Obradoiro é porque non fixo as tarefas que se lle pediron!
A nota media será a das dúas da primeiras avaliacións.
As actividades de reforzo, recuperación e ampliación realizadas du-rante este trimestre entregadas en tempo e formarepercutirán do seguinte xeito:
Se a a media das dúas avaliacións é 5 ou superior, a nota incre-mentarase de xeito proporcional á implicación do alumnado na entrega das tarefas propostas ata un máximo de 2 puntos.
Se a media das avaliacións é negativa e está entre 3 e 4.9 farán as tarefas específicas completas encomendadas para poder aprobar e ler un libro de lectura proposto polo profesorado.
Se a media está entre 0 e 3 o alumnado terá que realizar as ta-refas ás que se refire o apartado anterior, outras específicas de reforzo e ler dous libros de lectura determinado polo profesor ou profesora.
Como vai todo? Veña, un último empuxón e rematamos!!! Ánimo!
Ante a chega de mensaxes a última hora de que teño que facer? Profe, quero aprobar, etc. despois de que durante este tempo enviase mensaxes por EDixgal, por Abalar, poñer a información na web do instituto, neste blog co que xa traballaramos e a través do gmail (todo o meu alumnado tiña o meu correo electrónico porque, como ben sabedes, traballamos con el ao longo do curso antes do confinamento, mesmo creamos a conta corporativa ao principio de curso) vou explicar como van ser as cualificacións finais (está na web do instituto desde hai máis dun mes):
- A nota media será a das dúas da primeiras avaliacións. - As actividades de reforzo, recuperación e ampliación realizadas du-rante este trimestre entregadas en tempo e forma repercutirán do seguinte xeito:
Se a a media das dúas avaliacións é 5 ou superior, a nota incre-mentarase de xeito proporcional á implicación do alumnado na entrega das tarefas propostas ata un máximo de 2 puntos.
Se a media das avaliacións é negativa e está entre 3 e 4.9 farán as tarefas específicas completas encomendadas para poder aprobar e ler un libro de lectura proposto polo profesorado.
Se a media está entre 0 e 3 o alumnado terá que realizar as tarefas ás que se refire o apartado anterior, outras específicas de reforzo e ler dous libros de lectura determinados polo profesor ou profesora.
Bo día!
Como vai todo? Xa falta menos para que remate o curso e poidamos descansar en condicións de tanta tecnoloxía. Ánimo! LEMOS CON ATENCIÓN!
Hai moita xente que fixo o programa de radio e era para o alumnado de Obradoiro de comunicación oral, non para 1º ESO. Tedes que ler ben e fixarvos no que se explica e ante unha dúbida, consultar porque o fixeron sen preguntar e sen normas específicas.
Esta é a tarefa que tedes que facer nestes 15 días, obrigatoria para todo 1º de ESO.
Tedes que facer un programa de radio coas seguintes premisas:
- a música que utilicedes ten que ser galega e en galego (vimos moita música diferente, de todos os estilos), tede coidado cos dereitos de uso;
- ten que ter varios temas: como me sentín durante o confinamento, que é o primeiro que vou facer cando teñamos unha vida "normalizada", que lectura fixen este curso que me gustou ou que descubrín, unha recomendación lectora; podedes facer algunha entrevista a un familiar ou veciño ou a quen queirades; o que botaches en falta durante o confinamento; unha lembranza; unha canción que escoitases ou descubrises este curso; como foi isto de teltraballar, unha viaxe ideal, un texto descritivo, un texto instrutivo... imaxinación!
- tedes que falar vós maioritariamente, se facedes unha entrevista, evidentemente, falará tamén a persoa entrevistada pero a persoa que dirixe e que fala maioritariamente sodes vós;
- a duración varía; se tes algunha avaliación suspensa, ten que ter unha duración mínima de 20 minutos; se non tes ningunha avaliación suspensa, a duración mínima é de 10 minutos.
As persoas que xa o fixeron, por libre porque eu non o indiquei, que falen comigo a través do correo electrónico e póñolles tarefas específicas.
Engado aquí uns titoriais para que teñades unha guía e máis ideas para engadir nese programa. Tedes de prazo até o día 15 ás 23.59. Non esperedes até o último día!
Calquera dúbida, preguntádeme por correo.
Espero os vosos programas!!
Boa tarde!
Aquí vos deixo outra información fundamental que vos axudar na entrega de tarefas e nos facilitará, ao profesorado, a mellor recepción e corrección.
Todo o meu alumnado debe lela e mandarme un correo coa súa opinión ou a súa aprendizaxe.
Bo día!
Como vai avanzando o tempo e parece que aprendemos pouco e sempre cometemos os mesmos erros, vouvos poñer esta ligazón para que a miredes: instrucións para entregar as tarefas.
É obrigatorio que todo o meu alumnado a lea; despois de lela, enviádesme un correo e contádesme de que vos serviron as instrucións.
Ánimo!
Bo día!
Que tal ides? Espero que sigades gardando as medidas de hixiene sen facerdes parvadas. Se facemos as cousas ben, voltaremos máis axiña.
Como sabes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero e aínda que, polas circunstancias actuais, foi adiada a data, nós seguímola mantendo.Vouvos deixar unhas cantas propostas para coñecerdes a súa figura e, a partir delas, tedes que elaborar vós a vosa. Pode ser un audio, un vídeo, un mural... ou calquera outra proposta que se vos ocorra orixinal con eses recursos que vós coñecedes. O prazo de entrega remata o próximo mércores 20 de maio.
1ª Seredes quen de chegar ao final do escape room?
2ª Seredes quen de completar o rosco do pasapalabra?
3ª Visionamento deste vídeo elaborado polo IES de Arzúa.
Agora xa sabedes algo máis de Ricardo Carvalho Calero. Espero a vosa proposta!
Mañá é festivo e o luns non teriamos aulas porque fariamos ponte. Así que nos lemos o martes. Mentres tanto, déixovos a curtametraxe de Bienvenidos para que a vexades e fagades o resto de exercicios da ficha (os de despois de ver a curtametraxe). Tedes até o venres 15 de maio. Ánimo!
Por fin, custou facelo pero aquí está! A próxima vez con rosco, prometido!!!
Se as adiviñades, mandádeme as respostas ao correo ou nos comentarios!
Ánimo e espero que vos guste!
Ola!
Déixovos este par de actividades de repaso para facerdes esta semana: verbo IR Unha vez que o fagades, copiades o verbo na libreta e comentádesme que vos pareceu a actividade.
O corpo humano. Unha vez que a teñades feita, comentádeme o que vos pareceu e os fallos que tivestes.
Ánimo!!!!
Ola!
Como saberedes, este sábado foi 25 de abril, día da Revolução dos cravos en Portugal, símbolo da Liberdade.
Para saberdes máis déixovos esta ligazón.
Tedes que escoitar a narración de Elena e facerdes un resumo de, mínimo, 20 liñas. Hai dous cazapos na historia, se os localizades, enviádevos e terán premio para as persoas que os localicen (hai tres pero un é máis complicado, se aínda así o localizades, premio dobre).
Tamén podedes facer o caravel (cravo) e enviarme o vídeo (opcional).
Ánimo!!!!!