domingo, 20 de decembro de 2020

Visita do alcalde

 Este xoves visitou o noso centro Óscar García Patiño, alcalde de Cambre, acompañado de Ramón Boga, concelleiro de Turismo e Patrimonio, e de Miguel Ángel Gutiérrez, concelleiro de Educación e Sanidade


















.

Xoán Curiel

Este xoves tivemos no Afonso X a Xoán Curiel. Ofreceu dúas charlas-concerto marabillosas. Tanto foi así que tocou o timbre e o alumnado nin se moveu. Falounos de música, de viaxes, de poesía, de ritmos, da lusofonía, de Italia...

Jasmín cantou con el, voz e guitarra, fantástica!

 Karolina, Natalia, Daniela e Daniel fixéronlle unha presentación magnífica. Parabéns!

Déixovos fotiños e algún petisco do concerto!

Grazas, Xoán!


 









mércores, 16 de decembro de 2020

Yolanda Castaño

Tivemos a sorte de ter connosco no IES Afonso X a Yolanda Castaño. Falounos e poesía, de palabras, de soños, de rimas, de ideas, do seu O puño e a letra...

Carolina e Raquel fixeron a seguinte presentación:

- Hoxe temos con nós a Yolanda Castaño.

- Antes de nada imos darlle os parabéns polo premio Estandarte ao mellor libro de poesía de 200 pola súa antoloxía bilingüe Un cobertizo lleno de significados sospechosos.

- Parabéns, Yolanda! Ela escribe poemas desde moi pequecha e con 15 anos decidiu probar sorte nos concursos. Non sei se se presentaría ao noso Certame literario…

- Xa imos pola vixésimo primeira edición. É un certame de poesía e de narrativa. Unha ex-alumna que agora é moi coñecida, Andrea Maceiras, recibiu varias veces premio nel.

- Con 17 anos, Yolanda Castaño publicou o seu primeiro poemario Elevar as pálpebras e dende aí non parou de publicar, de recibir premios nin de escribir poesía.

- Hai algo que lle gusta moito que é mesturar as diferentes artes e unha mostra é este libro titulado O puño e a letra.

- Tamén hai outra cousa que nos chamou moito a atención e é a creación dunha Residencia literaria na Coruña, cidade na que vive.

- É moi interesante todo isto, Candela pero é máis interesante darlle a palabra a Yolanda que se nos vai o tempo.

- Tes razón. Benvida, Yolanda, e moitas grazas por nos acompañares.






 


martes, 15 de decembro de 2020

Entrevista Onda Cero

Hoxe visitounos o xornalista Alberto Gómez Barros e estivemos en directo en Onda Cero no programa Más de uno.

Aquí tedes o podcast para escoitarnos, a partir do minuto 30.50 Picade aquí Atlas Pequeniño de Cambre.

Aquí algunhas fotos do momento: 







martes, 8 de decembro de 2020

A ver canto sabes!

 Imos repasar as preposicións e as conxuncións. A ver canto sabes!!!!


As conxuncións

luns, 23 de novembro de 2020

domingo, 15 de novembro de 2020

Dicionario de dúbidas castelán-galego


 Bo día!

Nova ferramenta que nos vai vir xenial. Dicionario en liña castelán-galego de Rinoceronte Editora. 

Rinoceronte é unha editorial centrada, principalmente, na tradución ao galego. O seu director, Moisés Barcia, ten dito que o dicionario naceu da necesidade que o persoal tradutor tiña de acceder ás formas correctas en galego, especialmente daqueles conceptos que están máis estendidos (case interiorizados) en castelán. Polo tanto, a xenerosidade do grupo editorial é dobre: á parte de permitir a consulta gratuíta, pública e universal do valor engadido durante estes anos, desenvolveu unha ferramenta actual, fácil de usar, robusta e rápida mercé aos seus propios recursos, sen ningún apoio institucional ou patrocinio cultural.

 Para poñer a proba o voso enxeño e a axuda do dicionario, a ver se sodes quen de completar este encrucillado sobre a vestimenta.

 

Textos premiados na voz das autoras

 
1º premio Bacharelato: Lena Fachal Alonso con Recórdame como fareiro.
 
 

2º premio Bacharelato: Gabriela Ces Lozano con O xogo.


 
1º premio 3º-4º de ESO Mencía Eiras Lorenzo con Vou por ti.

  
1º premio 1º-2º ESO Andrea Castro Garrido con Intento abrir os ollos...

2º premio 1º-2º ESO Ariana Asorey García con Con el eramos tres.



 

Concurso microrrelatos de medo. Parabéns!!!!

O pasado luns, 9 de novembro, tivemos a entrega de premios do Concurso de microrrelatos para festexar o Samaín. Fixemos a entrega no salón de actos e acompañounos a directora, Belén Vidal Marcote. A presentación fixérona Natalia e Carolina, marabillosas!

 

Entregaron os premios Belén Vidal Marcote, directora do centro, e Mar Hermida Pico, coordinadora do EDLG.












Despois de entregar os premios e ler os textos premiados, 1º B e 2º B viron a película O Apóstolo de Fernando Cortizo.




 


mércores, 21 de outubro de 2020

As funcións da linguaxe (2º ESO)

 As funcións da linguaxe enténdense como aquelas intencións ou obxectivos que o emisor persegue cando produce un texto ou un discurso.

A linguaxe é unha habilidade humanda cuxa finalidade é a comunicación. Todas as súas funcións están relacionadas con este fin. Para que poidas practicalas e che queden claras, aquí tes este quebracabezas. Serás quen de resolvelo á primeira?

 

luns, 22 de xuño de 2020

Bo verán!

Bo día!
Rematou este curso que gardaremos na memoria para ben e para mal como un curso diferente.
Parabéns polo voso traballo, estou moi orgullosa de ter o alumnado que teño. Fixestes traballos marabillosos e ensinástesme a ser mellor profa (espero telo conseguido!).
Agora aproveitade o verán todo o que poidades, lede, soñade e non deixedes de rir (aínda que sexa debaixo da máscara).
Seguide as recomendacións sanitarias para que todo poida volver a ser "normal" (aínda que a normalidade moitas veces non nos guste). Espero que aprendésemos a ser un pouco mellores e máis agradecidas ao que temos e tamén que saibamos valorar o realmente importante.
Vémonos nas aulas!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

Radio Baliña

Bo día!
Sigo poñendo traballos que me fostes enviando. Nesta ocasión tócalle a Radio Baliña.

 Gozádea!

xoves, 11 de xuño de 2020

Entrevista

Bo día!
Como vai todo? Falta menos para as vacacións. Ánimo!!!
Mentres déixovos esta entrevista que lle fixo Daniel á súa nai, traballadora do 112. Moi interesante para saber máis da sanidade pública.
Moitas grazas a Daniel e á súa nai!!!



luns, 8 de xuño de 2020

Exposición dalgunhas tarefas

Ola!
Como vai todo? Veña, un último empuxón e rematamos este curso tan raro! Como non vai haber ocasión de vernos para expoñer as tarefas e falarmos delas, vou ir colgando aquí algunhas das vosas propostas.
Espero que vos gusten as escollas.


martes, 2 de xuño de 2020

Cualificacións finais Obradoiro de comunicación oral.

Ola!
Como vai todo? Como hai xente que a estas alturas non se puxo en contacto comigo nin me mandou ningunha tarefa, vou explicar como son as cualificacións.
Por certo, o alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas en Obradoiro é porque non fixo as tarefas que se lle pediron!
  1. A nota media será a das dúas da primeiras avaliacións. 
  2.  As actividades de reforzo, recuperación e ampliación realizadas du-rante este trimestre entregadas en tempo e formarepercutirán do seguinte xeito:
  • Se a a media das dúas avaliacións é 5 ou superior, a nota incre-mentarase de xeito proporcional á implicación do alumnado na entrega das tarefas propostas ata un máximo de 2 puntos.
  • Se a media das avaliacións é negativa e está entre 3 e 4.9 farán as tarefas específicas completas encomendadas para poder aprobar e ler un libro de lectura proposto polo profesorado.
  • Se a media está entre 0 e 3 o alumnado terá que realizar as ta-refas ás que se refire o apartado anterior, outras específicas de reforzo e ler dous libros de lectura determinado polo profesor ou profesora.

Cualificacións finais de 1º ESO

Bo día!

Como vai todo? Veña, un último empuxón e rematamos!!! Ánimo!

Ante a chega de mensaxes a última hora de que teño que facer? Profe, quero aprobar, etc. despois de que durante este tempo enviase mensaxes por EDixgal, por Abalar, poñer a información na web do instituto, neste blog co que xa traballaramos e a través do gmail (todo o meu alumnado tiña o meu correo electrónico porque, como ben sabedes, traballamos con el ao longo do curso antes do confinamento, mesmo creamos a conta corporativa ao principio de curso) vou explicar como van ser as cualificacións finais (está na web do instituto desde hai máis dun mes):

- A nota media será a das dúas da primeiras avaliacións.  
- As actividades de reforzo, recuperación e ampliación realizadas du-rante este trimestre entregadas en tempo e forma repercutirán do seguinte xeito: 
  • Se a a media das dúas avaliacións é 5 ou superior, a nota incre-mentarase de xeito proporcional á implicación do alumnado na entrega das tarefas propostas ata un máximo de 2 puntos.
  • Se a media das avaliacións é negativa e está entre 3 e 4.9 farán as tarefas específicas completas encomendadas para poder aprobar e ler un libro de lectura proposto polo profesorado.
  • Se a media está entre 0 e 3 o alumnado terá que realizar as tarefas ás que se refire o apartado anterior, outras específicas de reforzo e ler dous libros de lectura determinados polo profesor ou profesora. 

luns, 1 de xuño de 2020

Programa de radio para 1º A, B e C

Bo día!
Como vai todo? Xa falta menos para que remate o curso e poidamos descansar en condicións de tanta tecnoloxía. Ánimo!
LEMOS CON ATENCIÓN!
Hai moita xente que fixo o programa de radio e era para o alumnado de Obradoiro de comunicación oral, non para 1º ESO. Tedes que ler ben e fixarvos no que se explica e ante unha dúbida, consultar porque o fixeron sen preguntar e sen normas específicas.
Esta é a tarefa que tedes que facer nestes 15 días, obrigatoria para todo 1º de ESO.
Tedes que facer un programa de radio coas seguintes premisas:
- a música que utilicedes ten que ser galega e en galego (vimos moita música diferente, de todos os estilos), tede coidado cos dereitos de uso;
- ten que ter varios temas: como me sentín durante o confinamento, que é o primeiro que vou facer cando teñamos unha vida "normalizada", que lectura fixen este curso que me gustou ou que descubrín, unha recomendación lectora; podedes facer algunha entrevista a un familiar ou veciño ou a quen queirades; o que botaches en falta durante o confinamento; unha lembranza; unha canción que escoitases ou descubrises este curso; como foi isto de teltraballar, unha viaxe ideal, un texto descritivo, un texto instrutivo... imaxinación!
- tedes que falar vós maioritariamente, se facedes unha entrevista, evidentemente, falará tamén a persoa entrevistada pero a persoa que dirixe e que fala maioritariamente sodes vós;
- a duración varía; se tes algunha avaliación suspensa, ten que ter unha duración mínima de 20 minutos; se non tes ningunha avaliación suspensa, a duración mínima é de 10 minutos.
As persoas que xa o fixeron, por libre porque eu non o indiquei, que falen comigo a través do correo electrónico e póñolles tarefas específicas.
Engado aquí uns titoriais para que teñades unha guía e máis ideas para engadir nese programa. Tedes de prazo até o día 15 ás 23.59. Non esperedes até o último día!
Calquera dúbida, preguntádeme por correo.
Espero os vosos programas!!

mércores, 27 de maio de 2020

Traballamos co correo electrónico

Boa tarde!
Aquí vos deixo outra información fundamental que vos axudar na entrega de tarefas e nos facilitará, ao profesorado, a mellor recepción e corrección.
Todo o meu alumnado debe lela e mandarme un correo coa súa opinión ou a súa aprendizaxe.

Déixovos a ligazón, picade aquí.

E tamén vos deixo a infografía:


luns, 25 de maio de 2020

Instrucións para entregas as tarefas

Bo día!
Como vai avanzando o tempo e parece que aprendemos pouco e sempre cometemos os mesmos erros, vouvos poñer esta ligazón para que a miredes: instrucións para entregar as tarefas.
É obrigatorio que todo o meu alumnado a lea; despois de lela, enviádesme un correo e contádesme de que vos serviron as instrucións.
Ánimo!


xoves, 21 de maio de 2020

Tarefas do xoves 21 ao venres 29 para 1º A, B e C

Ola, rapazada!
Como andades? Espero que vaia todo ben. Falta menos para vernos e tamén para o remate do curso.
Moito ánimo neste último mes e seguide coidándovos e mantendo as medidas de seguridade.

Desta volta propóñovos dúas actividades:

Elaborada por Elena Veiga Rilo para repasar e aprender os verbos. Moi divertido este Suso Portela. A ver se conseguides o billete! (O alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas ten que facer, obrigatoriamente, un resumo nun documento de texto e enviarmo antes do día 29 ás 14.00 h) O resto do alumnado ten que enviarme o resultado da actividade e a súa opinión.



A árbore da fotografía, unha proposta miña para repasar aquelas parellas que vos xeran confusión. (O alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas ten que facer ou copiar, se é o caso, o que pon en cada unha das palabras e enviarme un documento de texto e enviarmo antes do 29 ás 14.00 h). O resto do alumnado ten que comentarme o resultado e darme a súa opinión.

mércores, 13 de maio de 2020

Tarefas do 13 ao 20 de maio (1º A, B e C)

Bo día!
Que tal ides? Espero que sigades gardando as medidas de hixiene sen facerdes parvadas. Se facemos as cousas ben, voltaremos máis axiña.
Como sabes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero e aínda que, polas circunstancias actuais, foi adiada a data, nós seguímola mantendo.Vouvos deixar unhas cantas propostas para coñecerdes a súa figura e, a partir delas, tedes que elaborar vós a vosa. Pode ser un audio, un vídeo, un mural... ou calquera outra proposta que se vos ocorra orixinal con eses recursos que vós coñecedes. O prazo de entrega remata o próximo mércores 20 de maio.
1ª Seredes quen de chegar ao final do escape room?

2ª Seredes quen de completar o rosco do pasapalabra?

3ª Visionamento deste vídeo elaborado polo IES de Arzúa.





Agora xa sabedes algo máis de Ricardo Carvalho Calero. Espero a vosa proposta!

luns, 11 de maio de 2020

Obradoiro de comunicación oral (do 12 de maio ao 28 de maio)

Ola!
Como o levades? Lembrade ter coidado de non vos contaxiardes e cumprir as medidas de seguridade.
Que vos parece convertervos en locutor@s de radio? Pois aquí tedes a ocasión. Nas próximas tres semanas tedes que elaborar un programa de radio e para iso vouvos poñer catro titoriais para podérdelo facer. Os contidos e as formas corren da vosa conta.
Non vou poñer duración pero ten que ter un mínimo de 10 minutos.
Para as persoas de obradoiro que teñen as dúas avaliacións suspensas, a duración debe te un mínimo de 20 minutos.
Veña, ánimo!!! Tedes até o 28 de maio para enviarmo.
Espero ansiosa os vosos programas!
PD. Estes titoriais están feitos polas compañeiras de radio Teis, moitas grazas por partillar!
Titorial 1: a idea. Premede aquí!


 







martes, 5 de maio de 2020

Semana do 5 ao 12 de maio. Alumnado 1º ESO

Ola!
Como vai todo? Xa queda menos para vernos de novo.
Imos repasar aqueles erros que cometemos habitualmente: Erros frecuentes.
Unha vez que fagades a actividade, copiade os erros no caderno.
Despois disto imos facer as actividades propostas eu aulasgalegas a partir da lectura de Bolboretas de Xabier P. Docampo. As actividades enviádelas nun documento de texto ao correo electrónico.




Ánimo!



venres, 1 de maio de 2020

Sorpresa!!

Bo día!
Aquí vos vai un agasallo con todo o noso cariño. Esperamos que vos guste e vos arrinque un sorriso!

xoves, 30 de abril de 2020

Concurso Ouvea o Lobo

Por que non vos animades a participar? Déixovos aquí a ligazón con toda a información.
O prazo remata o 10 de maio, tedes tempo!!
Animádevos!

Ouvea o lobo.



Alumnado de Valores

Boa tarde!

Mañá é festivo e o luns non teriamos aulas porque fariamos ponte. Así que nos lemos o martes. Mentres tanto, déixovos a curtametraxe de Bienvenidos para que a vexades e fagades o resto de exercicios da ficha (os de despois de ver a curtametraxe). Tedes até o venres 15 de maio. Ánimo!





mércores, 29 de abril de 2020

Parabéns!!!

Bo día!

Aínda encerradas non deixan de chegarme boas propostas, aquí vai unha de Paula para gozar despois da lectura d´O raio veloz e Andrea e Adrián ensínonos como facer un agasallo, por exemplo, para o Día da Nai.


          


   
        
                                  

martes, 28 de abril de 2020

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Bo día!
Desculpade porque na anterior entrada do repaso non puxen a ligazón do corpo humano.
Anotade os erros e engadide 10 palabras do corpo que non saian no exercicio, podedes escribilas no caderno ou nun documento de texto e mandarmas.
Ánimo!!!

luns, 27 de abril de 2020

Pasagalego!

Por fin, custou facelo pero aquí está! A próxima vez con rosco, prometido!!!
Se as adiviñades, mandádeme as respostas ao correo ou nos comentarios!
Ánimo e espero que vos guste!

Repaso para todo o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola!
Déixovos este par de actividades de repaso para facerdes esta semana:
verbo IR Unha vez que o fagades, copiades o verbo na libreta e comentádesme que vos pareceu a actividade.
O corpo humano. Unha vez que a teñades feita, comentádeme o que vos pareceu e os fallos que tivestes.
Ánimo!!!!

Tarefa desta semana para o alumnado de 1º (do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola!
Como saberedes, este sábado foi 25 de abril, día da Revolução dos cravos en Portugal, símbolo da Liberdade.
Para saberdes máis déixovos esta ligazón.
Tedes que escoitar a narración de Elena e facerdes un resumo de, mínimo, 20 liñas. Hai dous cazapos na historia, se os localizades, enviádevos e terán premio para as persoas que os localicen (hai tres pero un é máis complicado, se aínda así o localizades, premio dobre).
Tamén podedes facer o caravel (cravo) e enviarme o vídeo (opcional).
Ánimo!!!!!

Lendo

Bo día!
Com vai todo? Queda moito menos para nos volver ver. Mentres tanto, déixovos uns anacos dalgunhas das lecturas que fixestes.


xoves, 23 de abril de 2020

mércores, 22 de abril de 2020

Olga Patiño Nogueira e Héctor Cajaraville

Boa tarde!
Como vai todo? Seguimos achegándonos ao 23 de abril e aquí vos deixo as miñas propostas. Espero que vos gusten. 
Ánimo, falta menos para que nos volvamos ver!                                                                
                                                                                                   

martes, 21 de abril de 2020

Lois Pereiro e Xosé A.Neira Cruz

A profa Elena tamén se decidiu a facer o reto do 23 de abril. A ver que vos parece?


                  



                                                     

luns, 20 de abril de 2020

Para nos motivar

Ola!

Como vai todo? Espero que ben pero por se os ánimos decaen, aí vos vai un pequeno vídeo coas frases motivadores que enviastes. Moita forza!!


O raio veloz

Bo día!

As profas tamén nos animamos a facer a tarefa da lectura para o 23 de abril.

Hoxe Carme lenos un fragmento de O raio veloz de Agustín Fernández Paz.

 



venres, 17 de abril de 2020

Para todo o alumnado.

Bo día!
Como vai todo? Xa queda menos para nos volvermos ver. Ánimo!
Mentres tanto e como se aproxima o 23 de abril, Día do Libro, por que non o celebramos xuntas? Podedes facelo sós, en familia, en grupo, con voces... creatividade!!!
Non esquezades explicar por que o escollestes e a que libro pertence.

Espero impaciente as vosas lecturas!






Aquí vai o meu agasallo de hoxe en vídeo!



xoves, 16 de abril de 2020

Alumnado de Valores

Boa tarde!
Aquí tedes a ficha para traballardes a curtametraxe Bienvendos. Primerio debedes facer as tarefas "Antes do visionado" e unha vez que mas mandedes, colgarei a curta para poder facer o resto.
Tedes de prazo até o mércores 29.
Ánimo!!!!


martes, 14 de abril de 2020

Palabras para inspirarse (para o alumnado de 1ºA, B e C)

Boa tarde!
Como vai o día?  Gustouvos o vídeo da clausura dos 21 días co galego e +? Que emoción, verdade? Eran tempos de risas compartidas pero volveremos en breve, xa veredes.
Mentres tanto temos que seguir traballando así que aló imos. Como non sei como están os ánimos polas casas, vouvos propoñer facer un cartel motivador cun debuxo que o acompañe. Aquí vos deixo a proposta e a partir dela tedes que facer o voso cartel "para inspirarse", "para motivarse", "para rir", "para...", o que queirades, sempre en positivo!
Unha vez que teñades co cartel co lema/palabra/frase... e o debuxo, mandádesmo ao correo e farei unha pequena montaxe con eles. Parécevos? Tedes de prazo até o domingo que vén, día 19.
Por certo, hoxe é o día da República, quen me conta por que?

Para vos inspirardes:



Bo día!

Ola! Como foi esa Semana Santa tan diferente a outras? Espero que fose o mellor posible. Agora que volvemos á "normalidade" e que non temos noticias da Consellaría sobre o noso futuro, imos retomar o noso traballo.
Por iso vos vou deixar aquí unha lembranza doutros tempos alegres. Volveremos a vernos!

Grazas, Maite!

Ánimo!

venres, 3 de abril de 2020

Os ovos máxicos

Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.
Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti.
Deixamos unha presentación onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro. Pensa en algo rico ou especial, que nos erga o ánimo.
Esta proposta é de Aulas Galegas da man de Naír García Abelleira.

Mentres que buscades podedes entoar esta canción de Guadi Galego:


xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Animádevos a escoitar a Antonio García Teijeiro que estivo no noso centro co seu libro Poemar o mar, ademais é o último premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil.



A continuación, podedes participar no concuso Un poema na túa voz, esta vez en familia. Espero escoitarvos!

Para todo o meu alumnado

Bo día!
Como vai todo? Gustouvos a quedada virtual? Outro día podemos intentalo outra vez.
Hoxe trátase de debuxar paso a paso con Leandro Lamas, tedes as fotos ordenadas pasiño a pasiño. Antes de pintar o debuxo tes que poñer un título ao libro (en galego!) e ao disco (en galego!). Despois coloréao e fai unha pequena biografía de Leandro. A continuación, envíamo ao correo.
Se preferides facer un audio coa biografía, perfecto! Para o alumnado de obradoiro de comunicación oral é obrigatorio facer audio.

Espero ansiosa o resultado dos vosos traballos. Tedes até despois de Semana Santa. Chulada!!!