Amosando publicacións coa etiqueta cultura galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura galega. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2020

Tarefas do 13 ao 20 de maio (1º A, B e C)

Bo día!
Que tal ides? Espero que sigades gardando as medidas de hixiene sen facerdes parvadas. Se facemos as cousas ben, voltaremos máis axiña.
Como sabes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero e aínda que, polas circunstancias actuais, foi adiada a data, nós seguímola mantendo.Vouvos deixar unhas cantas propostas para coñecerdes a súa figura e, a partir delas, tedes que elaborar vós a vosa. Pode ser un audio, un vídeo, un mural... ou calquera outra proposta que se vos ocorra orixinal con eses recursos que vós coñecedes. O prazo de entrega remata o próximo mércores 20 de maio.
1ª Seredes quen de chegar ao final do escape room?

2ª Seredes quen de completar o rosco do pasapalabra?

3ª Visionamento deste vídeo elaborado polo IES de Arzúa.





Agora xa sabedes algo máis de Ricardo Carvalho Calero. Espero a vosa proposta!

martes, 5 de maio de 2020

Semana do 5 ao 12 de maio. Alumnado 1º ESO

Ola!
Como vai todo? Xa queda menos para vernos de novo.
Imos repasar aqueles erros que cometemos habitualmente: Erros frecuentes.
Unha vez que fagades a actividade, copiade os erros no caderno.
Despois disto imos facer as actividades propostas eu aulasgalegas a partir da lectura de Bolboretas de Xabier P. Docampo. As actividades enviádelas nun documento de texto ao correo electrónico.




Ánimo!



luns, 27 de abril de 2020

Lendo

Bo día!
Com vai todo? Queda moito menos para nos volver ver. Mentres tanto, déixovos uns anacos dalgunhas das lecturas que fixestes.


xoves, 23 de abril de 2020

mércores, 22 de abril de 2020

Olga Patiño Nogueira e Héctor Cajaraville

Boa tarde!
Como vai todo? Seguimos achegándonos ao 23 de abril e aquí vos deixo as miñas propostas. Espero que vos gusten. 
Ánimo, falta menos para que nos volvamos ver!                                                                
                                                                                                   

martes, 21 de abril de 2020

Lois Pereiro e Xosé A.Neira Cruz

A profa Elena tamén se decidiu a facer o reto do 23 de abril. A ver que vos parece?


                  



                                                     

luns, 20 de abril de 2020

O raio veloz

Bo día!

As profas tamén nos animamos a facer a tarefa da lectura para o 23 de abril.

Hoxe Carme lenos un fragmento de O raio veloz de Agustín Fernández Paz.

 



martes, 14 de abril de 2020

Bo día!

Ola! Como foi esa Semana Santa tan diferente a outras? Espero que fose o mellor posible. Agora que volvemos á "normalidade" e que non temos noticias da Consellaría sobre o noso futuro, imos retomar o noso traballo.
Por iso vos vou deixar aquí unha lembranza doutros tempos alegres. Volveremos a vernos!

Grazas, Maite!

Ánimo!

venres, 3 de abril de 2020

Os ovos máxicos

Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.
Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti.
Deixamos unha presentación onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro. Pensa en algo rico ou especial, que nos erga o ánimo.
Esta proposta é de Aulas Galegas da man de Naír García Abelleira.

Mentres que buscades podedes entoar esta canción de Guadi Galego:


luns, 30 de marzo de 2020

Viaxamos?

Bo día!
Como vai ese encerro? Animádevos a contarme como o levades e se na familia vai todo ben. Eu ben cos meus fillos, resistindo e vivindo con dous adolescentes, traballando e dándolle á cabeza para buscar propostas que vos poidan animar a aprender dunha maneira diferente pois as circunstancias son distintas.
Se vos animades, un día podemos facer unha quedada virtual (mandádeme un correo e concretamos).
Hoxe propóñovos viaxar por Galicia e descubrir canto sabemos da cultura galega. Contádeme como vos foi e cal é o voso nivel. E despois de saber o noso nivel cultural imos darlle á lingua coa Galicia anagramática, tedes que facer dez anagramas e enviarmos. Atrevédesvos?

Tedes até o mércores día 1. Forza!!!!

E para pasar mellor o tempo: Radio Cos.