Amosando publicacións coa etiqueta CAMBRE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAMBRE. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

Entrevista

Bo día!
Como vai todo? Falta menos para as vacacións. Ánimo!!!
Mentres déixovos esta entrevista que lle fixo Daniel á súa nai, traballadora do 112. Moi interesante para saber máis da sanidade pública.
Moitas grazas a Daniel e á súa nai!!!



luns, 27 de abril de 2020

Pasagalego!

Por fin, custou facelo pero aquí está! A próxima vez con rosco, prometido!!!
Se as adiviñades, mandádeme as respostas ao correo ou nos comentarios!
Ánimo e espero que vos guste!

xoves, 23 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

Para nos motivar

Ola!

Como vai todo? Espero que ben pero por se os ánimos decaen, aí vos vai un pequeno vídeo coas frases motivadores que enviastes. Moita forza!!


martes, 3 de marzo de 2020

Obradoiro de regueifas: Lupe Blanco.

A regueifeira Lupe Blanco veu explicarnos como se facían as regueifas. Viña acompañada doutro regueifeiro chamado Óscar. Primeiro, crearon unha regueifa improvisada para presentarse. Lupe explicounos que a regueifa podía ser unha danza ou un bolo que se repartía nas vodas. A xente xuntábase en grupos e cando un tiña pensada xa unha rima dicía: “Bomba!” e comezaba a meterse cos dos outros grupos. O outro grupo contestaba dicindo: “Bomba!”, cando tiña a reposta pensada.
Tamén nos contou que ela viña de Bergantiños. Seu bisavó tamén facía regueifas. Aínda que morreu hai máis de 30 anos. En Bergantiños tamén existe unha composicion chamada brindo, aínda que só hai un brindeiro que ten 93 anos. O número de regueifeiros é un pouco máis numeroso pois 11 ou 12.
Co paso do tempo, en vez dar un bolo daban bonecas. Algunhas delas tiñan cartos dentro. Despois, explicounos que as regueifas son coplas de catro versos nas que riman os versos pares. Normalmente as palabras máis importantes van na posición de rima.
A continuación, puxémonos en grupos e fixemos as nosas propias regueifas.

Déixovos unha mostra do aprendido coa regueifa que fixemos para a clausura dos 21 días co galego e + e un anaco do obradoiro.









venres, 31 de xaneiro de 2020

Jorge Mira ten algo que dicirvos.

Jorge Mira é catedrático no Departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.


María Faltri e a súa escola

María Faltri e o seu alumnado envíannos este marabilloso vídeo de todo o que se pode facer en galego. Grazas!!!!💜💜💜💜💜💜


María Faltri é unha cantante multidisciplinar. Participou con Magín Blanco n'A nena e o grilo e agora ten un proxecto propio con Jorge Juncal: Papi e Mami, fantasía coas palabras. Se clicas aquí, podes escoitala.

domingo, 19 de xaneiro de 2020

Xoán Curiel tamén se une aos 21 días co galego e +

Xoán Curiel é un músico e compositor galego que leva moitos anos traballando e viaxando coa música en galego.     

 

Nesta web podedes coñecelo un pouco máis! Grazas, Xoán!!!!



xoves, 16 de xaneiro de 2020

María Fumaça anímavos a cumprir o reto dos 21 días co galego e +

María Fumaça co seu maquinista, Rui, anímanvos a cumprir o reto!!! 21 séculos!!!!






Aquí podedes ver o seu último traballo. María Fumaça sempre comprometida!!!

luns, 13 de xaneiro de 2020

Comezamos os 21 días co Galego e +!!!

 21 DÍAS CO GALEGO E + 2020
Por que estamos aquí?
A nosa finalidade é conseguir un dos obxectivos do sistema educativo en Galicia, que todos sexamos quen de falar en galego con soltura e corrección.

Que dous obxectivos ten este programa?
1) Aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego durante 21 días e no futuro.
2) Que cada quen reflexione de maneira íntima sobre a relación que ten co galego dende a súa situación vital concreta e individual e co resto de linguas que coñece.

Temos máis obxectivos?

Si, porque somos persoas ambiciosas de saber, por iso podemos dicir que tamén aspiramos a:
Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para manter a identidade de Galicia.
Valorar o galego como expresión da nosa riqueza cultural.
Potenciar a nosa relación coa comunidade lusófona.
Achegarnos a áreas de interese para a adolescencia.

Quen vai acadar estes obxectivos?
Vós, porque vós sodes as únicas e únicos protagonistas, de vós depende o seu éxito ou o seu fracaso.
Nos 21DCGe+ non hai enganos, trátase dun reto individual para ti pero tamén é un reto colectivo para todo o noso instituto.
Mais non pensedes que estades sós, somos moitas persoas as que vos imos acompañar neste camiño, profesorado, conserxes, persoal da cafetaría (neste caso personalízase para cada centro), as vosas familias, a xente galegofalante que hai na sociedade e, por suposto, as vosas compañeiras e compañeiros que vos han servir de alidados para usar e querer máis o galego.


E que imos facer?
Pois ides falar, falar e falar.
Ademais de falar, cada día nas aulas (de luns a venres) e na casa (as fins de semana) tedes que visitar a páxina web do programa.
21 DÍAS CO GALEGO E +
https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/
Nela atoparedes as instrucións polo miúdo para seguir o programa.
   

luns, 25 de novembro de 2019

CAMBRE visto polo alumnado de 1º de ESO

                                        

                  

 

Cambre visto polo alumnado de 1º de ESO.