Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de xuño de 2021

Un paseo por Cambre

 

MJ Pérez

 O pasado venres 11 de xuño visitounos MJ Pérez. Que  marabilla de muller! Canto aprendemos con ela de creación musical, de videoclips, de música pero, sobre todo, de vida!

Ademais, aproveitamos para que entregase os premios das gañadoras do Gud Talento. Festa das Letras.

Moitas grazas!!!!


Terceiro premio.

 
Segundo premio.

Primeiro premio.













Os faros




 

Xela Arias

 






Dígocho eu

Un exemplo do bo traballo que fixo o alumnado cos Dígocho Eu. Parabéns!!!


 

martes, 14 de abril de 2020

Bo día!

Ola! Como foi esa Semana Santa tan diferente a outras? Espero que fose o mellor posible. Agora que volvemos á "normalidade" e que non temos noticias da Consellaría sobre o noso futuro, imos retomar o noso traballo.
Por iso vos vou deixar aquí unha lembranza doutros tempos alegres. Volveremos a vernos!

Grazas, Maite!

Ánimo!

martes, 3 de marzo de 2020

Obradoiro de regueifas: Lupe Blanco.

A regueifeira Lupe Blanco veu explicarnos como se facían as regueifas. Viña acompañada doutro regueifeiro chamado Óscar. Primeiro, crearon unha regueifa improvisada para presentarse. Lupe explicounos que a regueifa podía ser unha danza ou un bolo que se repartía nas vodas. A xente xuntábase en grupos e cando un tiña pensada xa unha rima dicía: “Bomba!” e comezaba a meterse cos dos outros grupos. O outro grupo contestaba dicindo: “Bomba!”, cando tiña a reposta pensada.
Tamén nos contou que ela viña de Bergantiños. Seu bisavó tamén facía regueifas. Aínda que morreu hai máis de 30 anos. En Bergantiños tamén existe unha composicion chamada brindo, aínda que só hai un brindeiro que ten 93 anos. O número de regueifeiros é un pouco máis numeroso pois 11 ou 12.
Co paso do tempo, en vez dar un bolo daban bonecas. Algunhas delas tiñan cartos dentro. Despois, explicounos que as regueifas son coplas de catro versos nas que riman os versos pares. Normalmente as palabras máis importantes van na posición de rima.
A continuación, puxémonos en grupos e fixemos as nosas propias regueifas.

Déixovos unha mostra do aprendido coa regueifa que fixemos para a clausura dos 21 días co galego e + e un anaco do obradoiro.









venres, 31 de xaneiro de 2020

Jorge Mira ten algo que dicirvos.

Jorge Mira é catedrático no Departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.


María Faltri e a súa escola

María Faltri e o seu alumnado envíannos este marabilloso vídeo de todo o que se pode facer en galego. Grazas!!!!💜💜💜💜💜💜


María Faltri é unha cantante multidisciplinar. Participou con Magín Blanco n'A nena e o grilo e agora ten un proxecto propio con Jorge Juncal: Papi e Mami, fantasía coas palabras. Se clicas aquí, podes escoitala.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Miriam Rodríguez animános a superar o reto.

Miriam Rodríguez Gallego é unha pontedeumesa compositora, cantante, guitarrrista... Deuse a coñecer pola súa participación en OT 2017. Aquí vos vai a súa mensaxe.
Grazas, Miriamª!!!






Se queredes saber máis sobre ela, podedes visitar a súa web.


domingo, 19 de xaneiro de 2020

Xoán Curiel tamén se une aos 21 días co galego e +

Xoán Curiel é un músico e compositor galego que leva moitos anos traballando e viaxando coa música en galego.     

 

Nesta web podedes coñecelo un pouco máis! Grazas, Xoán!!!!



sábado, 18 de xaneiro de 2020

1º reto: vídeo instrutivo.

Comezan a cumprirse os retos dos 21 días co galego e +! Parabéns!!!!