Amosando publicacións coa etiqueta E-Dixgal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta E-Dixgal. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de marzo de 2020

Traballo para o luns 16 e o martes 17

Ola!
Como vai ese ánimo? Espero que siga intacto. #euquedonacasa Todas xuntas podemos!! Responsabilidade!
Mentres tanto temos que seguir dalgunha maneira así que ánimo!!

Da unidade 2 O Plurilingüismo, ides ao apartado 5: Ortografía. Ledes a teoría (é de repaso) e facedes as tarefas, aínda que son interactivas, por favor, facédeas no caderno. Tarefas: os catro apartados de PRACTICA.

Moito ánimo!!! Entre todas conseguiremos parar a pandemia.
Por certo, buscade no portaldaspalabras o significado de pandemia.

Mentres traballades, podedes escoitar algunha cancionciña, aí vos vai unha suxestión:


Aviso para 2º de ESO

Boa tarde!




Como levades estar na casa? Para que aproveitedes o tempo, Ánxeles di que tedes as tarefas de 2º no libro dixital.


Déixovos este vídeo de MJ Pérez para que vos axude a levalo un pouco mellor.
Ánimo!!!!