martes, 17 de marzo de 2020

Traballo para o mércores 18

Ola!

Como vai ese encerro? Pensade que xa falta menos e entre todas conseguiremos parar este virus. Moito ánimo!

Xa que está tan de moda o teletraballo imos facer o apartado 3 (comunicación escrita...) da unidade 3 de Planeta: As variedades da lingua. Todo o mundo me ten que mandar un correo electrónico para explicar o que acaba de facer neste apartado. Grazas!

Para que non se vos esquezan os pronomes e o traballo que fixemos con eles, podedes practicalos no blog nasenra

No apartado aprendogalego podedes practicar máis.

Para comezarmos a ver as variedades da lingua, botádelle un ollo a este vídeo realizado polo alumnado de Ribadeo: Eu digo...

Outro día menos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario