luns, 1 de xuño de 2020

Programa de radio para 1º A, B e C

Bo día!
Como vai todo? Xa falta menos para que remate o curso e poidamos descansar en condicións de tanta tecnoloxía. Ánimo!
LEMOS CON ATENCIÓN!
Hai moita xente que fixo o programa de radio e era para o alumnado de Obradoiro de comunicación oral, non para 1º ESO. Tedes que ler ben e fixarvos no que se explica e ante unha dúbida, consultar porque o fixeron sen preguntar e sen normas específicas.
Esta é a tarefa que tedes que facer nestes 15 días, obrigatoria para todo 1º de ESO.
Tedes que facer un programa de radio coas seguintes premisas:
- a música que utilicedes ten que ser galega e en galego (vimos moita música diferente, de todos os estilos), tede coidado cos dereitos de uso;
- ten que ter varios temas: como me sentín durante o confinamento, que é o primeiro que vou facer cando teñamos unha vida "normalizada", que lectura fixen este curso que me gustou ou que descubrín, unha recomendación lectora; podedes facer algunha entrevista a un familiar ou veciño ou a quen queirades; o que botaches en falta durante o confinamento; unha lembranza; unha canción que escoitases ou descubrises este curso; como foi isto de teltraballar, unha viaxe ideal, un texto descritivo, un texto instrutivo... imaxinación!
- tedes que falar vós maioritariamente, se facedes unha entrevista, evidentemente, falará tamén a persoa entrevistada pero a persoa que dirixe e que fala maioritariamente sodes vós;
- a duración varía; se tes algunha avaliación suspensa, ten que ter unha duración mínima de 20 minutos; se non tes ningunha avaliación suspensa, a duración mínima é de 10 minutos.
As persoas que xa o fixeron, por libre porque eu non o indiquei, que falen comigo a través do correo electrónico e póñolles tarefas específicas.
Engado aquí uns titoriais para que teñades unha guía e máis ideas para engadir nese programa. Tedes de prazo até o día 15 ás 23.59. Non esperedes até o último día!
Calquera dúbida, preguntádeme por correo.
Espero os vosos programas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario