Bo día!
Como vai todo? Veña, un último empuxón e rematamos!!! Ánimo!
Ante a chega de mensaxes a última hora de que teño que facer? Profe, quero aprobar, etc. despois de que durante este tempo enviase mensaxes por EDixgal, por Abalar, poñer a información na web do instituto, neste blog co que xa traballaramos e a través do gmail (todo o meu alumnado tiña o meu correo electrónico porque, como ben sabedes, traballamos con el ao longo do curso antes do confinamento, mesmo creamos a conta corporativa ao principio de curso) vou explicar como van ser as cualificacións finais (está na web do instituto desde hai máis dun mes):
- A nota media será a das dúas da primeiras avaliacións.- As actividades de reforzo, recuperación e ampliación realizadas du-rante este trimestre entregadas en tempo e forma repercutirán do seguinte xeito:
- Se a a media das dúas avaliacións é 5 ou superior, a nota incre-mentarase de xeito proporcional á implicación do alumnado na entrega das tarefas propostas ata un máximo de 2 puntos.
- Se a media das avaliacións é negativa e está entre 3 e 4.9 farán as tarefas específicas completas encomendadas para poder aprobar e ler un libro de lectura proposto polo profesorado.
- Se a media está entre 0 e 3 o alumnado terá que realizar as tarefas ás que se refire o apartado anterior, outras específicas de reforzo e ler dous libros de lectura determinados polo profesor ou profesora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario