Hoxe comezou o día escolar con certos nervios e abraios pois fixemos unha entrada especial no instituto e só a sabiamos pouca xente. Ante os ollos sorprendidos do alumnado inocente o director, Félix, cortou a cinta que inauguraba os 21días co galego e +.
Aquí vos deixamos unhas fotiñas e un pequeno vídeo (con certos problemiñas propios do directo e das horas ;)
Ah! E botamos pétalos de flores porque queremos converter os 21 días en 1000 primaveras máis para a lingua!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario