liveworksheets.com
O Concello de Cambre convoca unha nova edición do Certame Literario Xoán Díaz.
Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: de 12 a 14 anos
Categoría B: de 15 a 18 anos
Categoría C: de 19 a 26 anos
Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades: Poesía, Narración breve e Microteatro.
- Modalidade de poesía: presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
- Modalidade de Microteatro: a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán
estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre
liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección certamexoandiaz@cambre.org.
No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA.
Enviaranse
tres arquivos PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do
concursante; no segundo arquivo irá o DNI e, finalmente, no terceiro, o
traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
Premios:
Categoría A: 1º Premio: 173 € 2º Premio: 128 €
Categoría B: 1º Premio: 218 € 2º Premio: 150 €
Categoría C: 1º Premio: 300 € 2º Premio: 173 €
O prazo de entrega estará aberto ata o día 30 de abril de 2021.