Bo día!
Nova ferramenta que nos vai vir xenial. Dicionario en liña castelán-galego de Rinoceronte Editora.
Rinoceronte é unha editorial centrada, principalmente, na tradución ao galego. O seu director, Moisés Barcia, ten dito que o dicionario naceu da necesidade que o persoal tradutor tiña de acceder ás formas correctas en galego, especialmente daqueles conceptos que están máis estendidos (case interiorizados) en castelán. Polo tanto, a xenerosidade do grupo editorial é dobre: á parte de permitir a consulta gratuíta, pública e universal do valor engadido durante estes anos, desenvolveu unha ferramenta actual, fácil de usar, robusta e rápida mercé aos seus propios recursos, sen ningún apoio institucional ou patrocinio cultural.
Para poñer a proba o voso enxeño e a axuda do dicionario, a ver se sodes quen de completar este encrucillado sobre a vestimenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario