LENA FACHAL ALONSO
Relato gañador:
Non é común.
Sempre souben que nunca deixara de mirarme, falábame baixiño, moi lento, preto do oído, facíao para que non me dera conta do que estaba a suceder.
Todas as noites se sentaba ao meu carón e falábame, falábame do que nunca vira, dunha parte escura que ninguén quere ver. Falábame de ti. De que sempre mirabas ás agochadas para que ninguén puidera verte, de todos os teus problemas e de todo canto ti lle contaras a el.
Quixen saber por que a min, que fixen eu para merecer este castigo, quizais non ser unha persoa normal e poder comunicarme cos do outro mundo.
Repetíase todas as noites, pero recordo unha que choraches, lamentábaste da túa vida, de non saber quen es. E eu tapei moi forte as orellas. Foi nese momento cando te vin correr cara a min, íasme coller, e collíchesme. Lévame contigo, dixéchesme. E hai que facerlles caso aos adultos, non si?
Quero pensar que isto non remata aquí. Se algún día vou ao teu carón hasme sentir, recórdao.
PARABÉNS!!!!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario