martes, 10 de xaneiro de 2023
NADAL
E en Nadal tivemos unha visita moi especial...o Apalpador. Veunos pedir que non o esquezamos, estaba tristeiro porque Papá Noel chegou con moita forza e acabou por quitarlle o seu labor. Apoiemos ao Apalpador e démoslle o seu lugar!
venres, 4 de novembro de 2022
SAMAÍN
Xa está de volta o Samaín e o seu concurso de portas aterradoras. Este ano decidimos que os protagonistas fosen os monstros de noso! Poñen medo, pero a maioría son inofensivos :)
Ademais, tivemos o noso propio cemiterio, visitounos a estadea...
O concurso ganárono 2º ESO E coa súa porta adicada ao sacaúntos e 1º ESO B co busgoso.
martes, 1 de novembro de 2022
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Para celebrar o mes da ciencia en galego, a Biblioteca, EDLG e os departamentos de ciencias organizaron nos segundos recreos diferentes xogos científicos. Animádevos a participar!
martes, 28 de xuño de 2022
FIN DE CURSO
Toca despedirse! Ao final, o curso acaba máis rápido do que parecía!
Para celebrármolo, o último día organizáronse diferentes actividades. Entre elas, o noso departamento propuxo a elaboración do cacho de San Xoán. Foi un éxito! En seguida esgotastes as flores!
Tamén houbo mesas con diferentes xogos para entreter a mañá.
mércores, 25 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS 2022
Como sabedes, o venres 13 celebramos o Día das Letras Galegas coa exposición dos traballos realizados polos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO e co noso Got Talent particular. Temos que agradecer a colaboración do alumnado de 4º para que todo saíse ben e nolo pasaramos xenial.
Subiremos un vídeo das actuación en breve, pero mentres tedes aquí unha pequena mostra de todo o que se fixo ao redor das Letras Galegas :
martes, 10 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Nas clases xa vos irían falando algo de Florencio Delgado Gurriarán. Probade os vosos coñecementos con estes xogos:
Pasapalabra
xoves, 5 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Como sabedes, este ano as Letras Galegas homenaxean a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Temos programadas varias actividades para festexar este día: exposición de fondos bibliográficos na biblioteca, a Árbore das letras, o Festival das Letras... e moitas máis cousas que vos iremos contando.
Para empezardes a coñecelo un pouco mellor, botade un ollo á exposición: "Florencio Delgado Gurriarán. Unha conexión atlántica", do Concello da Coruña, que podedes ver tamén no vestíbulo do centro.
Exposición de fondos Árbore das Letras
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)