mércores, 21 de outubro de 2020

As funcións da linguaxe (2º ESO)

 As funcións da linguaxe enténdense como aquelas intencións ou obxectivos que o emisor persegue cando produce un texto ou un discurso.

A linguaxe é unha habilidade humanda cuxa finalidade é a comunicación. Todas as súas funcións están relacionadas con este fin. Para que poidas practicalas e che queden claras, aquí tes este quebracabezas. Serás quen de resolvelo á primeira?

 

luns, 22 de xuño de 2020

Bo verán!

Bo día!
Rematou este curso que gardaremos na memoria para ben e para mal como un curso diferente.
Parabéns polo voso traballo, estou moi orgullosa de ter o alumnado que teño. Fixestes traballos marabillosos e ensinástesme a ser mellor profa (espero telo conseguido!).
Agora aproveitade o verán todo o que poidades, lede, soñade e non deixedes de rir (aínda que sexa debaixo da máscara).
Seguide as recomendacións sanitarias para que todo poida volver a ser "normal" (aínda que a normalidade moitas veces non nos guste). Espero que aprendésemos a ser un pouco mellores e máis agradecidas ao que temos e tamén que saibamos valorar o realmente importante.
Vémonos nas aulas!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

Radio Baliña

Bo día!
Sigo poñendo traballos que me fostes enviando. Nesta ocasión tócalle a Radio Baliña.

 Gozádea!

xoves, 11 de xuño de 2020

Entrevista

Bo día!
Como vai todo? Falta menos para as vacacións. Ánimo!!!
Mentres déixovos esta entrevista que lle fixo Daniel á súa nai, traballadora do 112. Moi interesante para saber máis da sanidade pública.
Moitas grazas a Daniel e á súa nai!!!



luns, 8 de xuño de 2020

Exposición dalgunhas tarefas

Ola!
Como vai todo? Veña, un último empuxón e rematamos este curso tan raro! Como non vai haber ocasión de vernos para expoñer as tarefas e falarmos delas, vou ir colgando aquí algunhas das vosas propostas.
Espero que vos gusten as escollas.


martes, 2 de xuño de 2020

Cualificacións finais Obradoiro de comunicación oral.

Ola!
Como vai todo? Como hai xente que a estas alturas non se puxo en contacto comigo nin me mandou ningunha tarefa, vou explicar como son as cualificacións.
Por certo, o alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas en Obradoiro é porque non fixo as tarefas que se lle pediron!
  1. A nota media será a das dúas da primeiras avaliacións. 
  2.  As actividades de reforzo, recuperación e ampliación realizadas du-rante este trimestre entregadas en tempo e formarepercutirán do seguinte xeito:
  • Se a a media das dúas avaliacións é 5 ou superior, a nota incre-mentarase de xeito proporcional á implicación do alumnado na entrega das tarefas propostas ata un máximo de 2 puntos.
  • Se a media das avaliacións é negativa e está entre 3 e 4.9 farán as tarefas específicas completas encomendadas para poder aprobar e ler un libro de lectura proposto polo profesorado.
  • Se a media está entre 0 e 3 o alumnado terá que realizar as ta-refas ás que se refire o apartado anterior, outras específicas de reforzo e ler dous libros de lectura determinado polo profesor ou profesora.

Cualificacións finais de 1º ESO

Bo día!

Como vai todo? Veña, un último empuxón e rematamos!!! Ánimo!

Ante a chega de mensaxes a última hora de que teño que facer? Profe, quero aprobar, etc. despois de que durante este tempo enviase mensaxes por EDixgal, por Abalar, poñer a información na web do instituto, neste blog co que xa traballaramos e a través do gmail (todo o meu alumnado tiña o meu correo electrónico porque, como ben sabedes, traballamos con el ao longo do curso antes do confinamento, mesmo creamos a conta corporativa ao principio de curso) vou explicar como van ser as cualificacións finais (está na web do instituto desde hai máis dun mes):

- A nota media será a das dúas da primeiras avaliacións.  
- As actividades de reforzo, recuperación e ampliación realizadas du-rante este trimestre entregadas en tempo e forma repercutirán do seguinte xeito: 
  • Se a a media das dúas avaliacións é 5 ou superior, a nota incre-mentarase de xeito proporcional á implicación do alumnado na entrega das tarefas propostas ata un máximo de 2 puntos.
  • Se a media das avaliacións é negativa e está entre 3 e 4.9 farán as tarefas específicas completas encomendadas para poder aprobar e ler un libro de lectura proposto polo profesorado.
  • Se a media está entre 0 e 3 o alumnado terá que realizar as tarefas ás que se refire o apartado anterior, outras específicas de reforzo e ler dous libros de lectura determinados polo profesor ou profesora.