martes, 31 de marzo de 2020

Amor

Bo día!
Hoxe trátase de escoitar. Aí vos vai un vídeo caseiro, a ver se vos gusta.

Podedes comentar na publicación o que queirades, vai para todas e todos vós.

Apertas!

luns, 30 de marzo de 2020

Viaxamos?

Bo día!
Como vai ese encerro? Animádevos a contarme como o levades e se na familia vai todo ben. Eu ben cos meus fillos, resistindo e vivindo con dous adolescentes, traballando e dándolle á cabeza para buscar propostas que vos poidan animar a aprender dunha maneira diferente pois as circunstancias son distintas.
Se vos animades, un día podemos facer unha quedada virtual (mandádeme un correo e concretamos).
Hoxe propóñovos viaxar por Galicia e descubrir canto sabemos da cultura galega. Contádeme como vos foi e cal é o voso nivel. E despois de saber o noso nivel cultural imos darlle á lingua coa Galicia anagramática, tedes que facer dez anagramas e enviarmos. Atrevédesvos?

Tedes até o mércores día 1. Forza!!!!

E para pasar mellor o tempo: Radio Cos.


venres, 27 de marzo de 2020

Día Mundial do Teatro

Bo día!
Como ides? Espero que todo vaia ben as propostas que vos fago vos resulten interesantes.
Hoxe é o Día Mundial do Teatro e desta volta toca investigar un pouquiño sobre os seguintes grupos teatrais:
- Chévere.
- Tanxarina.
- Sarabela Teatro.
(Quen forma a compañía, desde cando, algunha obra que representasen, algo que vos resulte interesante...)
E tamén podedes nomear dúas ou tres compañías máis.
Facédeo no caderno. Podedes buscar información: escenagalega.gal, erregueté...
E se vos apetece, podedes dramatizar algún fragmento dalgunha lectura que teñades pola casa e que vos guste (se participan as persoas da casa moito mellor).
Déixovos Sons Miúdos que mestura música e teatro, a ver que vos parece?
Boa fin de semana!

xoves, 26 de marzo de 2020

Lecturas

Boa tarde!
Como vai todo? Por se queredes aproveitar para ler, aquí podes coller os libros de lectura. Funciona como unha biblioteca normal só que virtualmente.
Galiciale
E nesta ligazón tedes outras posibles lecturas en galego.
Ánimo!!!
Mar

Déixovos aquí o vídeo de presentación do proxecto aulasgalegas.org

mércores, 25 de marzo de 2020

Adestramos?

Boa tarde!
Algunhas de vós xa sabedes do reto que vos propuxen. Para quen non vise o correo ou non lle chegase, facemos un pasagalego colaborativo? Se vos animades, mandádeme un correo. O que si preciso é alguén que monte o vídeo, xa sabedes da miña torpeza!
Vouvos deixar un pasagalego que fixen desde a casa. A ver que vos parece e a ver se sodes quen de adiviñar todas as palabras (se mas enviades correctas ao correo, á volta hai premio💓)


martes, 24 de marzo de 2020

Determínate!

Boa tarde!
Como vai ese encerro? Andades moi agobiadas de traballo? Se queredes, podes contarme como o levades ou facer un diario e comentámola á volta. É unha proposta!!!
Mentres vouvos deixar este xogo para que vaiades practicando e aprendendo algúns determinantes (non os vimos todos pero eu sei que sabedes moito máis do que vos parece!!) Quen se anima á aventura???
Determínate.

Mentres déixovos esta canción de Magín Blanco García, está gravada co móbil pero hai que facerlle caso!!! #nósquedamosnacasa

luns, 23 de marzo de 2020

Para todo o meu alumnado

Bo día!
Como ides? Levamos xa máis dunha semana e descontando, moito ánimo, entre todas conseguirémolo. #euquedonacasa

Hoxe vouvos propoñer outro reto, a ver quen se anima a dicir este trabalinguas, gravarse e mandarmo ao correo. Animádesvos?!!!
Eu si
;)