Como sabedes o 8 de marzo é o Día Internacional da Muller.
Por que esa data? A escritora Anna R. Figueiredo explícao no seu libro: Feminismos. A historia cóntana as vencedoras
Como sabedes o 8 de marzo é o Día Internacional da Muller.
Por que esa data? A escritora Anna R. Figueiredo explícao no seu libro: Feminismos. A historia cóntana as vencedoras
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o VII Concurso de Esopías .
O equipo de Dinamización, o da Biblioteca e o Departamento de Matemáticas súmanse a este concurso e realizan unha convocatoria dentro do IES.
Lede as bases no cartel:
Decidimos agasallarvos cun poema e unha flor ( aínda que nós apostamos polo toxo, se non sabedes por que....premede aquí ), seguindo a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. E estamos encantados porque acollestes moi ben a iniciativa!
Botade un ollo a todo o que preparamos.
O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, para conmemorar a data de nacemento da nosa poeta máis recoñecida.
Temos preparadas varias actividades para festexar este día. Pero, para irmos comezando, convertemos en interactivos uns pasatempos rosalianos publicados en Aulas Galegas.
Esperemos que vos gusten. Animádevos a probar os vosos coñecementos !
ENCRUCILLADO DA XEOGRAFÍA ROSALIANA
Achegan tamén un xogo realizado por Ana Sánchez Sanmartín e Alba Carril Casanova, para ir descubrindo á nosa autora.