Non coñecedes Wordle?
Trátase dun xogo na web que consiste en descubrir unha
palabra de cinco letras ao día. É de acceso libre, non hai que
rexistrarse e non ten anuncios. Emprega un código de cores para descubrir se a
letra está na palabra e está na posición correcta (verde), se a letra está pero nunha posición inadecuada (amarelo) ou se non forma parte dela (gris). Non hai máis pistas e tes seis intentos para descubrir o termo que agocha. Tanto se acertas como se non, hai que esperar ao día seguinte para seguir xogando.
Probade! Poñede a proba o voso léxico! É
realmente adictivo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario