A Mesa pola Normalización Lingüística vén de sacar un novo xogo Pensatermos para fomentar o uso da nosa lingua e practicar o noso léxico.
Na súa páxina web explican o seu funcionamento, que é sinxelo:
"Pensatermos é un xogo lixeiro e gratuíto para entreterse a calquera hora do día e que consiste en formar palabras a través de sete letras, sendo unha delas de uso obrigatorio. As palabras deben ter como mínimo tres letras e non ser formas verbais conxugadas, nin termos en plural. A puntuación do xogo determínase polo número de letras utilizadas: 1 punto por palabras de tres letras, 2 puntos por palabras de 4 letras e a partir das cinco letras, tantos puntos como teña a palabra. Se se utilizan todas as letras, faise un pleno e obtéñense 18 puntos."
Ningún comentario:
Publicar un comentario