luns, 20 de decembro de 2021

REGAL(EG)ANDO EN NADAL

Xa están aquí as vacacións de Nadal! Desde o equipo de Dinamización queremos facervos algunhas suxestións para animarvos a que regaledes pensando na nosa lingua. As propostas inclúen lecturas, música, material audiovisual...e moitos agasallos máis!!! Porque en galego tedes opcións abondas para elixir regalos!!! Aquí tedes o tríptico que preparamos.
Colorful Playful School/Education Trifold Brochure de Patricia

xoves, 24 de xuño de 2021

Queres coñecer a Senda Litoral?

 A ver canto sabedes da costa galega?

Moitas grazas, Adrián P.P.!!!!!

MJ Pérez

 O pasado venres 11 de xuño visitounos MJ Pérez. Que  marabilla de muller! Canto aprendemos con ela de creación musical, de videoclips, de música pero, sobre todo, de vida!

Ademais, aproveitamos para que entregase os premios das gañadoras do Gud Talento. Festa das Letras.

Moitas grazas!!!!


Terceiro premio.

 
Segundo premio.

Primeiro premio.













Dígocho eu

Un exemplo do bo traballo que fixo o alumnado cos Dígocho Eu. Parabéns!!!


 

mércores, 2 de xuño de 2021

Actividades de repaso para 2º ESO

 Grazas, Irma!!!!!



domingo, 23 de maio de 2021

Lectura continuada de Xela Arias

 O xoves 20 o alumnado do IES Afonso X fixo unha lectura continuada da obra de Xela Arias. Ao longo da mañá unhas 250 persoas pasaron pola biblioteca para achegarse á figura da autora. Mentres un grupo facía a lectura, outro grupo escollía versos da escritora e facíaos seus coa técnica que quixese (pintura, debuxo, colaxe...), ao final da  mañá colocamos os versos para crear un novo poema colaborativo, o noso "centón". Era a primeira vez que faciamos esta actividade e resultou un éxito pois tanto a lectura como o resultado do centón foi espectacular. 

Deixámosvos unha mostra:














Gud Talento. Festa das Letras

 O mércores 19 tivemos o Gud Talento. Festa das Letras. O alumnado de 4º C organizou, coa súa titora, Patricia Estraviz, este festival para o alumnado de 1º da ESO. Dende aquí queremos darlles os parabéns tanto ao grupo organizador como a todas as persoas participantes. Foron 18 probas e unhas 50 persoas participantes en total. Só pasaron á final 6, o xurado foi moi esixente! 

O fío condutor foi Xela Arias: vídeo-presentación, recitado de poemas..., fantástico!

As persoas gañadoras recibirán os seus premios, se pode ser, o venres 11 na charla concerto de Guadi Galego.

Parabéns!

Esperamos que nos pasen axiña o vídeo-resumo. De momento un aperitivo: 

 











sábado, 15 de maio de 2021

mércores, 28 de abril de 2021

Repasamos o xénero e o número

xénero e número , una ficha interactiva de silgsouto
liveworksheets.com

Repasamos vocabulario

Vocabulario tema 3, una ficha interactiva de PLP
liveworksheets.com

Repasamos os verbos

martes, 27 de abril de 2021

Verbos con alternancia vocálica

domingo, 25 de abril de 2021

Propóñoche un par de retos...

Vai á seguinte ligazón: game.educaplay.com e introduce o pin: 102565

Remataches? Como che foi? 

Pois agora volve entrar na ligazón e pon 310263

Despois cóntame o resultado!!

Ánimo!!!


domingo, 18 de abril de 2021

Certame literario

 


O Concello de Cambre convoca unha nova edición do Certame Literario Xoán Díaz.

Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: de 12 a 14 anos
Categoría B: de 15 a 18 anos
Categoría C: de 19 a 26 anos

Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades: Poesía, Narración breve e Microteatro.
- Modalidade de poesía: presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
- Modalidade de Microteatro: a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre.

Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección certamexoandiaz@cambre.org.
No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA.
Enviaranse tres arquivos PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante; no segundo arquivo irá o DNI e, finalmente, no terceiro, o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.

Premios:
Categoría A: 1º Premio: 173 € 2º Premio: 128 €
Categoría B: 1º Premio: 218 € 2º Premio: 150 €
Categoría C: 1º Premio: 300 € 2º Premio: 173 €

O prazo de entrega estará aberto ata o día 30 de abril de 2021.



xoves, 11 de marzo de 2021

Comprensión lectora

 

Comprensión lectora

 

martes, 23 de febreiro de 2021

Día de Rosalía de Castro

O alumnado e as súas familias homenaxean a Rosalía de Castro o día do seu aniversario, 24 de febreiro. Moitas grazas e parabéns polo traballo!! 

martes, 16 de febreiro de 2021

Debuxamos paso a paso con Leandro Lamas

 Quen se anima a facer a debuxar con Leandro Lamas? Nesta ligazón tedes o debuxo paso a paso. Se vos animades, mandádeo a afiestradoafonso@gmail.com

xoves, 11 de febreiro de 2021

Día de Rosalía

Aquí tedes esta proposta para facerdes en familia este Entroido. Tedes de prazo até o día 21 para me enviardes os vídeos. Ánimo!!! 

Se queredes velo en pdf, picade aquí.



 

xoves, 4 de febreiro de 2021

Canto sabes do Entroido?

 A ve se es quen de adiviñar todas as palabras. Se non es quen, copia a definición e investiga!


luns, 1 de febreiro de 2021

Comprensión lectora

domingo, 31 de xaneiro de 2021

Traballamos a narración

Pica aquí para traballar a narración e aprender un pouco máis. Esta actividade é de Irma López García. Grazas, Irma!
TRABALLAMOS A NARRACIÓN

O presente de subxuntivo

 Irma López García achéganos estas dúas actividades sobre o presente de subxuntivo. A ver ser dás feito!


Repasamos o vocabulario

Irma López González achéganos as seguintes actividades para repasarmos o vocabulario. Grazas, Irma!