mércores, 27 de maio de 2020

Traballamos co correo electrónico

Boa tarde!
Aquí vos deixo outra información fundamental que vos axudar na entrega de tarefas e nos facilitará, ao profesorado, a mellor recepción e corrección.
Todo o meu alumnado debe lela e mandarme un correo coa súa opinión ou a súa aprendizaxe.

Déixovos a ligazón, picade aquí.

E tamén vos deixo a infografía:


luns, 25 de maio de 2020

Instrucións para entregas as tarefas

Bo día!
Como vai avanzando o tempo e parece que aprendemos pouco e sempre cometemos os mesmos erros, vouvos poñer esta ligazón para que a miredes: instrucións para entregar as tarefas.
É obrigatorio que todo o meu alumnado a lea; despois de lela, enviádesme un correo e contádesme de que vos serviron as instrucións.
Ánimo!


xoves, 21 de maio de 2020

Tarefas do xoves 21 ao venres 29 para 1º A, B e C

Ola, rapazada!
Como andades? Espero que vaia todo ben. Falta menos para vernos e tamén para o remate do curso.
Moito ánimo neste último mes e seguide coidándovos e mantendo as medidas de seguridade.

Desta volta propóñovos dúas actividades:

Elaborada por Elena Veiga Rilo para repasar e aprender os verbos. Moi divertido este Suso Portela. A ver se conseguides o billete! (O alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas ten que facer, obrigatoriamente, un resumo nun documento de texto e enviarmo antes do día 29 ás 14.00 h) O resto do alumnado ten que enviarme o resultado da actividade e a súa opinión.



A árbore da fotografía, unha proposta miña para repasar aquelas parellas que vos xeran confusión. (O alumnado que ten unha ou dúas avaliacións suspensas ten que facer ou copiar, se é o caso, o que pon en cada unha das palabras e enviarme un documento de texto e enviarmo antes do 29 ás 14.00 h). O resto do alumnado ten que comentarme o resultado e darme a súa opinión.

mércores, 13 de maio de 2020

Tarefas do 13 ao 20 de maio (1º A, B e C)

Bo día!
Que tal ides? Espero que sigades gardando as medidas de hixiene sen facerdes parvadas. Se facemos as cousas ben, voltaremos máis axiña.
Como sabes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero e aínda que, polas circunstancias actuais, foi adiada a data, nós seguímola mantendo.Vouvos deixar unhas cantas propostas para coñecerdes a súa figura e, a partir delas, tedes que elaborar vós a vosa. Pode ser un audio, un vídeo, un mural... ou calquera outra proposta que se vos ocorra orixinal con eses recursos que vós coñecedes. O prazo de entrega remata o próximo mércores 20 de maio.
1ª Seredes quen de chegar ao final do escape room?

2ª Seredes quen de completar o rosco do pasapalabra?

3ª Visionamento deste vídeo elaborado polo IES de Arzúa.





Agora xa sabedes algo máis de Ricardo Carvalho Calero. Espero a vosa proposta!

luns, 11 de maio de 2020

Obradoiro de comunicación oral (do 12 de maio ao 28 de maio)

Ola!
Como o levades? Lembrade ter coidado de non vos contaxiardes e cumprir as medidas de seguridade.
Que vos parece convertervos en locutor@s de radio? Pois aquí tedes a ocasión. Nas próximas tres semanas tedes que elaborar un programa de radio e para iso vouvos poñer catro titoriais para podérdelo facer. Os contidos e as formas corren da vosa conta.
Non vou poñer duración pero ten que ter un mínimo de 10 minutos.
Para as persoas de obradoiro que teñen as dúas avaliacións suspensas, a duración debe te un mínimo de 20 minutos.
Veña, ánimo!!! Tedes até o 28 de maio para enviarmo.
Espero ansiosa os vosos programas!
PD. Estes titoriais están feitos polas compañeiras de radio Teis, moitas grazas por partillar!
Titorial 1: a idea. Premede aquí!


 







martes, 5 de maio de 2020

Semana do 5 ao 12 de maio. Alumnado 1º ESO

Ola!
Como vai todo? Xa queda menos para vernos de novo.
Imos repasar aqueles erros que cometemos habitualmente: Erros frecuentes.
Unha vez que fagades a actividade, copiade os erros no caderno.
Despois disto imos facer as actividades propostas eu aulasgalegas a partir da lectura de Bolboretas de Xabier P. Docampo. As actividades enviádelas nun documento de texto ao correo electrónico.




Ánimo!



venres, 1 de maio de 2020

Sorpresa!!

Bo día!
Aquí vos vai un agasallo con todo o noso cariño. Esperamos que vos guste e vos arrinque un sorriso!