luns, 25 de novembro de 2019
xoves, 14 de novembro de 2019
25 de novembro
Música contra a violencia machista. Xoana. Non deixedes de escoitar a canción!!!
Campaña do concello de Pontevedra contra as violencias machistas. SEN O
MEU SI, NON!
RELATOS DE MEDO
E xa para rematar coa celebración do Samaín e da semana do terror, fixemos a entrega de premios á gañadora do concurso de relatos de medo. A gañadora:
PARABÉNS!!!!!!!!!!
LENA FACHAL ALONSO
Relato gañador:
Non é común.
Sempre souben que nunca deixara de mirarme, falábame baixiño, moi lento, preto do oído, facíao para que non me dera conta do que estaba a suceder.
Todas as noites se sentaba ao meu carón e falábame, falábame do que nunca vira, dunha parte escura que ninguén quere ver. Falábame de ti. De que sempre mirabas ás agochadas para que ninguén puidera verte, de todos os teus problemas e de todo canto ti lle contaras a el.
Quixen saber por que a min, que fixen eu para merecer este castigo, quizais non ser unha persoa normal e poder comunicarme cos do outro mundo.
Repetíase todas as noites, pero recordo unha que choraches, lamentábaste da túa vida, de non saber quen es. E eu tapei moi forte as orellas. Foi nese momento cando te vin correr cara a min, íasme coller, e collíchesme. Lévame contigo, dixéchesme. E hai que facerlles caso aos adultos, non si?
Quero pensar que isto non remata aquí. Se algún día vou ao teu carón hasme sentir, recórdao.
PARABÉNS!!!!!!!!!!
xoves, 7 de novembro de 2019
SERES MÍTICOS
Nas aulas de 1º da ESO estivemos investigando sobre os seres míticos galegos. Aquí deixamos unha escolma deses traballos. Parabéns!!!!
PORTAS TERRORÍFICAS
Como se fixeron uns traballos magníficos decidiuse, por unanimidade, entregar un accésit a 2º B. Parabéns!!!!
O primeiro premio será unha merenda na cafetería do instituto e o accésit unhas lambonadas tétricas que se repartirán na clase.
Aí van as portas gañadoras e algunha foto da entrega de premios.